Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para manter a concesión do Salón Peña de Cambados a favor do Concello

A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para que a Xunta repita a concesión do Salón Peña de Cambados a favor do Concello “en termos equiparables á recentemente terminada e polo máximo tempo posible”. O responsable socialista apelou á xuntanza prevista para a próxima semana entre o Concello, Portos e a Conselleira de Pesca para pechar un “acordo realista”.

Torrado lembrou que foi o Concello que “restaurou e deulle vida” ás antigas instalacións de Conservas Peña, situadas en terreo portuario, para utilizalo como infraestruturas de desenvolvemento social, cultural e asociativo. Sinalou que “cando o espazo non era útil Portos cede, pero cando os gobernos locais de tódalas cores fan o traballo de reformalo e pasa a ser útil xa o quere”.

Sinalou que as reunións entre as administracións deben agora “definir o plantexamento dos acordos, pero na liña de que o Salón sega a ser utilizado polo Concello e para usos do Concello”. Por iso acordou unha transacción cos restantes grupos parlamentarios precisando o uso “polo Concello de Cambados para a dinamización social coa realización de actividades e eventos de xeral interese para o municipio e a cidadanía”.

Viais portuarios

Ademais, a iniciativa aprobada hoxe inclúe pedirlle á Xunta “facilitar ao máximo posible a tramitación do procedemento para a reversión dos terreos portuarios de interacción porto – vila”, aludindo  aos viais que a pesares de ser aínda titularidade de Portos xa non son empregados para a actividade portuaria, senón que están dentro do uso cotiá da vila.

Puxo como exemplo o Paseo da Calzada, onde se celebra a festa do Albariño, que apenas está a 15 metros da Casa do Concello pero que é titularidade de Portos. Sinalou que aínda que “aí non entra nada que teña que ver co Porto nin coa actividade marítmo – pesqueira, para ser utilizado ten que ser solicitado, pagado e quedar a expensas do que decida Portos, malia que quen o mantén é o Concello, co que “Portos cobra todo, pero só gasta a metade”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

O Parlamento de Galicia insta ao goberno da Xunta de Galicia a:

  1. Manter a situación do Salón Peña de Cambados en liña co funcionamento dos últimos tempos:

  1. a) Acordando unha nova concesión en termos equiparables á recentemente terminada e polo máximo tempo posible que permita o marco legal actual, sempre que o Concello faga a solicitude previa, e baixo o compromiso de cumprimento da legalidade vixente.

  1. b) Facilitando o seu uso polo Concello de Cambados para a dinamización social coa realización de actividades e eventos de xeral interese para o municipio e a cidadanía.

  1. Facilitar ao máximo posible a tramitación do procedemento para a reversión dos terreos portuarios de interacción porto – vila do Concello de Cambados”.
Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08