Categorías: Actualidade

O PP renuncia a contratar persoal sanitario para reforzar as derivacións á privada

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe ao PP de renunciar deliberadamente a contratar persoal sanitario para reforzar as derivacións á privada. Así o dixo logo de que o PP rexeitara unha proposición de Lei do Grupo socialista para modificar a Lei de Garantías Sanitarias para que a Xunta reforce a plantilla onde sexa necesario.

O responsable socialista resumiu a proposta na “dicotomía entre máis persoal ou sanidade privada”, e lamentou que o PP optara por impedir a contratación de profesionais para manter as derivacións á sanidade privada. Dixo que este sistema foi “consolidado legalmente” a través desta Lei de 2013, que habilita a derivar a centros privados cando as esperas superen un límite establecido.

Acusou ao goberno galego de permitir que se superen os límites de espera de forma sistemática para permitir que “veñan os nosos amigos da privada a resolver” a situación. Torrado sinalou que cando un servizo supere os tempos máximos de espera de forma sistemática “teremos que entender que o servizo non está suficientemente dotado de recursos” e polo tanto “a solución ten que ser contratar máis persoal”.

Presentou por iso unha proposta para obrigar por Lei ao goberno galego a presentar un programa de actuacións para minorar as derivacións á sanidade privada e que “cada vez que detectemos un erro estrutural contratemos máis persoal”. Respondeu ás alabanzas do goberno galego ao persoal mentres, dixo, consolidan un “modelo ultraliberal explotador de traballo precario” e esixiu “menos flores e máis capítulo I –de persoal-“

Torrado lembrou que o propio Consello Consultivo alerta dunha “grave vulneración do sistema establecido incumprindo os prazos” logo de recordar que dende a aprobación da Lei en 2013 a Xunta “nunca” presentou no Parlamento o informe que por Lei debe presentar no primeiro trimestre cada ano. Sinalou que o Consello de Contas ten alertado da “opacidade” da Consellería, lamentando que “non se poden avaliar” as súas contas.

A proposta de hoxe incluía por iso “que os informes que di a Lei que hai que facer se fagan”, ademais de reclamar a publicación das listas de espera na sanidade pública cada 3 meses, en lugar da periodicidade semestral que impuxo o goberno de Feijóo para “suprimir a súa publicación cando se dan peores resultados”.

Carreira profesional

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista acusou tamén ao conselleiro de Sanidade de excluír da carreira profesional a unha terceira parte dos traballadores. Na comparecencia do conselleiro no Pleno do Parlamento, criticou que “foron vostedes os que paralizaron a carreira profesional, precarizaron ao persoal ata facer insostible o seu traballo e agora volveron activala pero deixando fora a todos os traballadores que precarizaran”.

Lembrou que o acordo, posto en marcha en 2005, estivo vixente ata que foi Feijóo quen a paralizou en 2010 e agora “reactivan unha pequena parte”. Afeoulle o “cinismo” de “vir a presumir de resolver parcialmente un problema que vostedes mesmos crearon”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24