Categorías: Actualidade

O PP quere retirarlle Ensino ás Autonomías e a Xunta cala

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que responda á proposta de Pablo Casado de retirarlle a competencia de Ensino ás autonomías. Así o dixo antes do Pleno do Parlamento que comeza mañá no que os socialistas presentarán unha interpelación sobre a redución da oferta educativa nos concellos.

O responsable socialista acusou á Xunta de “negarse a afrontar o problema” da redución do sistema educativo tanto nas zonas despoboadas como nos concellos periurbanos que viven un repunte da poboación. Ademais, acusounos de permanecer “calados” fronte ás propostas do PP de recentralizar a educación a nivel estatal, unha “posición ideolóxica contraria á calidade da educación”.

Esta decisión de “antepoñer os resultados á ideoloxía” suporá obviar a diversidade territorial e resulta, dixo, claramente prexudicial para as linguas cooficiais, como o caso do galego. Lamentou que o goberno galego vaia “na dirección contraria” do reforzo do sistema educativo, logo de constatar unha redución de 2.132 docentes no sistema educativo público nos últimos 9 anos, o que supón un 6 por cento.

Galicia enfróntase así a unha redución do persoal maquillada pola redución notable do alumnado pola crise demográfica, o que resulta un aparente aumento da calidade e redución do abandono escolar derivado da crise económica.

Na realidade, explicou, en Galicia desaparece a oferta educativa en amplas zonas territoriais, con territorios que deixan de ter escola por completo, o que fai “imposible que haxa familias” e polo tanto recuperación da poboación. Unha realidade que se replica tamén nas zonas periurbanas, como Arteixo, Allariz ou Brión, esta última protagonista dunha protesta xeneralizada dos alumnos pola redución de profesores.

Fernández Leiceaga reivindicou o reforzo do sistema educativo como mecanismo fundamental para garantir a equidade, e reclamou a recuperación de medidas dirixidas a eliminar barreiras de acceso á escola, como a gratuidade de libros de texto posta en marcha polo goberno socialista de Pérez Touriño, a homoxeneización dos comedores escolares ou o reforzo da FP Dual.

Meirás

Fernández Leiceaga reclamoulle ademais ao goberno galego que dea conta das xestións que ten feito fronte ao goberno central para cumprir co acordo parlamentario para garantir que o Pazo de Meirás recaia sobre o patrimonio público.

Así o dixo logo da proposta de declaración institucional presentada por outros grupos parlamentarios que, dixo, “non é a vía máis adecuada” porque supón “reducir o nivel de compromiso do Parlamento” ao substituír a un acordo unánime previo.

Ademais, en resposta a preguntas dos xornalistas, avogou por defender a ultima proposta acordada por unanimidade polo Parlamento de Galicia en 2018 para acadar a transferencia da AP-9 a Galicia e, a continuación, “discutir os termos financeiros na Comisión Mixta de Transferencias” entre o Estado e as comunidades autónomas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02