Categorías: Actualidade

O PP pecha a porta a consensuar modificacións no sistema educativo público

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposta socialista para pedirlle á Xunta que convoque aos actores da comunidade educativa co obxectivo de consensuar as reformas necesarias para “garantir de forma efectiva a igualdade educativa”. Así o dixo no debate dunha moción socialista presentada no Pleno do Parlamento de Galicia que foi rexeitada polo PP.

Álvarez alertou das consecuencias dos recortes aplicados polo goberno de Feijóo, que presenta “cada curso unha cadea de peches, que por si mesmos non son especialmente graves, pero cando se suman son algo importante e constitúen unha cadea de microsismos”. Advertiu de que a falla de criterio do goberno galego está a producir serias desigualdades entre os alumnos dos centros máis poboados e os que teñen menos demanda ou casos de desatención.

Sinalou á agrupación de alumnos, perda de especialidades ou falla de atención a escolares con necesidades especiais que se ten producido en centros como Brión, Portomarín, Ponteareas, Cariño, Covelo ou Salceda de Caselas este mesmo ano. Lembrou a rectificación do goberno logo de dicirlles aos pais dun neno con necesidades especiais severas en Oleiros que, ante a negativa de ofrecerlle un coidador, “ou non mandaran ao neno a clase ou foran os pais a atendelo”.

O responsable socialista explicou que estas situacións “non é o que merece a Galicia do século XXI”, e reivindicou consenso para adoptar as necesarias modificacións na rede educativa “evitando tensións innecesarias na comunidade educativa”. Explicou a realidade actual do sistema educativa, que en apenas 6 anos perdeu 6.500 alumnos –o equivalente a 216 aulas ou 18 institutos de Secundaria- e este ano ten 2.132 docentes menos que en 2009.

Advertiu que a situación actual, con máis áreas de materias, provoca “máis desigualdade” entre centros por canto “aqueles que teñen máis alumnos teñen máis capacidade de ofertar materias”. Mentres hai “máis etiquetas –plurilingües, pluribachs, bacharelato de excelencia, etc.-, tamén temos cada vez menos pequenas escolas que atendan aos nosos pequenos e pequenas”, engadiu, polo constante peche de escolas unitarias.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28