Categorías: Actualidade

Orzamentos da Xunta: Fracaso na creación de emprego

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, realizou hoxe un balance dos Orzamentos da Xunta para o ano 2019, que considera “faltos de ambición e proxecto” e que ademais fracasan no obxectivo de impulsar a creación de emprego. Alertou ademais da caída no peso relativo dos servizos sociais, cando a sanidade e a educación medran por debaixo do PIB, reflexando un “compromiso mínimo co Estado do Benestar”.

Puxo o acento no “problema grave” que ten a Xunta co Desemprego, que “agora recoñece pero ao que non lle acaba de poñer remedio”, logo de que ao ritmo actual a Lexislatura acabará creando 60.000 postos de traballo, lonxe dos 100.000 comprometidos por Feijóo. Advertiu que os anuncios do goberno galego “non se traducen en feitos” ao anunciar emprego de calidade ao tempo que votan contra a ampliación do Salario Mínimo Interprofesional.

O portavoz socialista engadiu que o suposto compromiso contra a precariedade, mentres na administración pública manteñen un nivel de contratación temporal do 20 por cento “significa que non o van tomar en serio”. Reclamoulle ao goberno galego que se tome en serio o impulso do Diálogo Social reclamado dende os sindicatos e trasladado polos socialistas galegos ao Parlamento e comece por acabar coa precariedade nos contratos propios.

Criticou a “falla de ambición” nos orzamentos do goberno galego, que “para tapar un roto abre un descosido”. Aludiu así ao aumento do orzamento do Igape, que convive coa redución do investimento en infraestruturas por estrada, a redución das actuacións medioambientais, as infraestruturas no medio rural ou a produción de solo industrial, onde o apoio público redúcese drasticamente.

Ademais, sinalou o “compromiso mínimo” do goberno galego co Estado do Benestar, ao reducir o peso da sanidade e da educación, que medran por debaixo do incremento dos orzamentos e do PIB. Esta situación repercute negativamente nas actuacións complementarias da educación, como libros de texto e comedores escolares, que apenas crecen un 1 por cento, por debaixo da inflación.

Déficit de transparencia

O portavoz socialista criticou hoxe ao goberno galego por realizar “vantaxismo electoral” á hora de presentar os orzamentos para o ano 2019 sen explicar os investimentos territorializados. Sinalou que este “déficit de transparencia” responde á intención de “reservarse a información para utilizar nas próximas eleccións municipais” a costa de “desvirtuar o debate orzamentario”.

Censurou uns orzamentos “faltos de ambición e proxecto” propio do goberno galego, que medran “a ritmo elevado, pero ligado ao ciclo económico e a que a Xunta benefíciase do impulso económico derivado das transferencias estatais”. Calquera cousa menos, explicou, unha expansión derivada de decisións propias.

É o resultado do pacto orzamentario entre o PSOE e Podemos, dixo, do que a Xunta se beneficia agardando máis recursos para Dependencia, para a loita contra a violencia de xénero, o Plan Estatal de Vivenda ou emprego. Ademais, dixo, dos fondos comunitarios para mar e agro correspondentes ao final do período de programas comunitarios.

O goberno galego carece de proxectos propios, dixo, como explica a caída de gastos de capital e investimentos financeiros con recursos propios en 25 millóns de euros mentres aumentan os ingresos por transferencias exteriores.

Márketing fiscal

Fernández Leiceaga acusou ao presidente da Xunta de utilizar os seus anuncios sobre supostas reducións fiscais como unha mera “operación de márketing e propaganda” que carece de efectos reais. Sinalou que tódalas deducións anunciadas pola Xunta dende 2009 sobre o imposto do Patrimonio supuxo un impacto total de 800.000 euros, unha “nimiedade”, en palabras do portavoz socialista.

O mesmo sucede co anuncio das desgravacións de herdanzas entre irmáns reservado para este ano, que segue o mesmo camiño dos beneficios fiscais sobre o IRPF derivados do emprego, medio rural ou a compra de accións no mercado alternativo bursátil, cun beneficio final acumulado dun máximo de 130.000 euros. Lamentou que o goberno galego priorice estras “operacións de propaganda” en lugar de iniciar un proceso de homoxeneización e simplificación do sistema impositivo.

Alcoa

O portavoz socialista chamou ademais a “sumar forzas sociais, esforzo político e a acción de todos os gobernos” para frear o peche de Alcoa en A Coruña e Avilés “que ninguén quere”, e conseguir que a empresa retire o ERE extintivo e negociar as súas condicións de permanencia.

Apuntou ademais a garantir que as empresas que se benefician de axudas públicas millonarias garantan ao mesmo tempo a súa continuidade, para evitar esta decisións que “teñen que ver coas necesidades globais da empresa e cambios fiscais nos Estados Unidos”. Dixo que “se hai recursos públicos ten que haber un compromiso de permanencia”.

Ademais, apostou por actuar na dirección da reforma impulsada polo goberno central de cara a desvincular ás empresas renovables do mercado marxinalista, abrindo o camiño a “ofrecer aos grandes consumidores contratos de enerxía en condicións máis favorables”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08