Categorías: Actualidade

O PP obstaculiza a loita conitra a corrupción do Consello de Contas

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión do Consello de Contas, Begoña Rodríguez Rumbo acusou esta mañá a Xunta de Galicia de obstaculizar a organización na súa labor de loita contra a corrupción ao impedir que esta desenvolva plenamente as funcións que ten asignadas debido a falta de persoal.

A deputada socialista afirmou tamén, na comparecencia do Conselleiro Maior do ente fiscalizador para presentar a o Plan anual de actividades do Consello de Contas de Galicia para 2019, que a “falta de determinación” do goberno galego e a “falta de persoal” na organización impide que o organismo realice o seu traballo.

A parlamentaria socialista referiuse tamén, en referencia a recente sinatura do protocolo de loita contra a corrupción entre Xunta e Consello de Contas, a que a pesares de que a sección de prevención da Corrupción foi aprobada na Lei 8/2015 e dicir, fai dous anos e medio, a falta de persoal está a “realentizar” a implantación efectiva das súas funcións.

Falta de persoal

A responsable socialista valorou positivamente o traballo que este ente e os seus traballadores están a realizar, aínda que lamentou que este siga a ser “insuficiente” e que isto provoque que “informes de fiscalización moi importantes para Galicia”, como os da concesión do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo ou os de construción e xestión das autovías financiadas mediante peaxe na sombra.

Ademais esta falla evidenciase en que no plan de traballo deste mesmo ano inclúense 10 informes correspondentes aos programas de 2018, 5 do 2017 e 1 do 2016.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04