Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero destaca a mostra de “renovación e capacidade” das candidaturas socialistas en Galicia para reforzar a maioría de Pedro Sánchez

Pilar Cancela, Ana Prieto, Marina Ortega e Olga Alonso encabezan as listas ao Congreso das catro provincias, o que amosa a “compoñente feminista” do PSdeG

Madrid, 17 de marzo de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou hoxe, trala aprobación das candidaturas socialistas por parte do Comité Federal, a mostra de “renovación e capacidade” que presenta o partido en Galicia para reforzar a maioría de Pedro Sánchez.

“Estamos preparados”, resaltou o líder dos socialistas galegos, quen apelou ao compromiso co traballo para que Pedro Sánchez “siga sendo presidente cunha maioría máis ampla e sólida” e, así, poida “desenvolver un proxecto de progreso” para todos.

Ademais, o máximo dirixente do PSdeG puxo en valor o feito de que catro mulleres concorren como cabezas de lista ao Congreso nas catro provincias galegas. “É unha mostra do noso compromiso coa igualdade real e do noso compoñente feminista”, enfatizou.

Por último, Gonzalo Caballero amosouse convencido de que as listas dos socialistas galegos presentan “os mellores perfís”, de persoas “preparadas e capaces” de cara ás eleccións xerais do vindeiro 28 de abril.

CANDIDATURAS NAS CATRO PROVINCIAS

En canto ao Congreso, a provincia da Coruña está composta por Pilar Cancela, Pablo Arangüena e Montse García; mentres que Ana Prieto liderará a lista de Lugo por diante de Sonsoles López Izquierdo e Javier Cerqueiro. Marina Ortega concorre en Ourense xunto con Adolfo Pérez Abellás e Uxía Tizón; e en Pontevedra a lista a encabeza Olga Alonso, con Guillermo Meijón e Ángeles Marra nos seguintes postos.

Para o Senado, na Coruña irán Antonio Vázquez, Obdulia Taboadela e Julio Barros; en Lugo César Mogo, Pilar García Porto e José Luis Raposo; en Ourense son Juan Carlos Francisco Rivera, Marina Tallón e Eva Maldonado; e en Pontevedra Modesto Pose, Margarita Adrio e Daniel Chenlo.

Ademais, de cara ao Parlamento Europeo, o lalinense Nicolás González Casares concorrerá no número 9 da lista encabezada por Josep Borrell.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13