Categorías: Actualidade

Feijóo procura “enganar á cidadanía galega” cunha proposta de destinar o superávit á sanidade que foi imposibilitada por Rajoy

Xoaquín Fernández Leiceaga acusou hoxe ao presidente da Xunta de “enganar á cidadanía galega” pedíndolle ao goberno de España que permita destinar o superávit á sanidade. O responsable socialista celebrou que Feijóo admita agora que a necesidade precisa de máis recursos pero acusouno de tender “cortinas de fume” con propostas que “sabe que son inviables” polos cambios normativos de Rajoy.

Leiceaga acusou ao presidente da Xunta de buscar a confrontación co goberno central mentres lanza “balóns fora buscando vías que non terán resultado a curto prazo”. Explicou que o presidente da Xunta quere empregar o sobrante dos orzamentos de 2018 cando aqueles, aprobados por Rajoy restrinxían o uso do superávit a “investimentos financeiramente sustentables”, pechando a porta a utilizalos para contratar persoal ou á compra de maquinaria.

A mesma Lei de Orzamentos aprobada polo PP explica na Disposición Adicional 116 que estes investimentos están restrinxidos a aqueles destinados a combater o cambio climático, a mellora da eficiencia enerxética e á redución de gastos recorrentes ou incremento de aforros, ademais de que só permite investir en primeiro lugar na amortización das operacións de endebedamento.

Continuou sinalando que a Disposición Adicional 151 da Lei de Orzamentos de 2018 require ademais un informe do Consello de Política Fiscal e Financeira e da Airef, e advirte que “descoñecemos que a Xunta de Galicia teña instado á convocatoria do CPFF para cumprir cos trámites” esixidos.

Deulle a benvida ao presidente da Xunta ás razóns dos socialistas galegos, que “levamos anos dicíndolle que os recortes afectaban á calidade asistencial”, e lembra que no último debate de Orzamentos da Xunta o propio Feijóo negouse a aceptar a emenda transversal dos socialistas galegos reclamando o incremento das partidas para Sanidade. Hoxe, dixo, “descubre por fin que a sanidade precisa de máis recursos e acepta que o superávitr podía terse gastado en 2018”.

Proposta

Fernández Leiceaga presentou unha proposición non de Lei ofrecendo tres vías para habilitar unha solución a curto prazo e “evitarlle a frustración á cidadanía galega”, e reclámalle á Xunta que se dirixa ao goberno para que cambie a Lei e flexibilice a aplicación do superávit das comunidades autónomas para programas sociais. Pídelle ademais que impulse “os trámites necesarios no CPFF e a Airef para regular a aplicación dos incentivos” previstos pola Lei de Orzamentos de 2018.

Finalmente, reclámalle a Feijóo que inicie a senda de recuperación de 190 millóns de euros que lle ten recortado á sanidade pública, comezando polo reforzo, xa en 2019, dos fondos destinados a esta partida nun mínimo de 60 millóns de euros. O obxectivo é fixar un plan anual que garanta a recuperación da contía total nun prazo de 3 anos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41