Categorías: Actualidade

O PP négase no Parlamento a apoiar a mellora sanitaria de Meis

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposta presentada en Comisión polo PSdeG para mellorar a calidade sanitaria no Concello de Meis e solicitar unha xuntanza co Goberno municipal para dar conta dos recortes dos servizos. Torrado cualificou de “vergoñento” que hoxe teñan rexeitado unha proposta que o propio PP votara a favor hai mes e medio no Concello.

Torrado criticou que o PP teña empregado a escusa da covid para xustificar uns recortes que xa se replicaran o ano pasado, cando non existía a pandemia e que daquela xustificaban polas baixas de persoal. Criticou que teñan ofrecido unha “explicación falaz e probablemente non veraz”, dixo antes de acusar ao Sergas de “tapar un problema para non resolvelo” a pesares das mobilizacións cidadás e das peticións do goberno local.

Levou ao Parlamento a falla dun especialista de Pediatría, o que obriga ás familias a desprazarse primeiro a Cambados, despois a Baltar –Sanxenxo-, agora de volta a Cambados, ou a supresión da Matrona. O Centro de Saúde de Mosteiro, ademais, “está atendido este mes de setembro por un só profesional, con demasiada carga asistencial para poder dar resposta a todas as peticións, mentres o centro de Paradela estivo sen atención sanitaria durante este verán”.

Criticou que “o Sergas quere negar a evidencia da necesidade dun novo Centro de Saúde para Meis, cando resulta que ten os terreos para facelo”. Sinalou que “a orixe desta situación está en que “non é posible desenvolver unha Atención Primaria de calidade cando perdemos 1.100 profesionais de Atención Primaria dende 2009, e a sanidade conta con 140 millóns de euros menos cada ano dende entón”.

O responsable socialista instou a “resolver esta situación dunha vez dotando á sanidade pública de máis recursos” e advertiulle ao PP que “non se pode defender á sanidade polas mañás e pola tarde recortar”. Torrado acusou ao PP de ser “máis áxil recortando en Sanidade e votando contra o Estado de Alarma que  votando contra os fascistas”, en alusión ao debate da moción de censura que se está a debater no Congreso.

Alcaldesa

O responsable socialista mantivo logo do debate un encontro coa alcaldesa de Meis, Marta Giráldez, e os integrantes do goberno local, que seguiron o debate dende o Parlamento de Galicia. Giráldez dirixiuse aos responsables do PP de Meis, aos que lles dixo que “de nada vale que anden recollendo firmas polas portas e veñan e voten que non ás melloras sanitarias, de nada vale votar a favor dunha moción e aquí –no Parlamento- os seus compañeiros votan doutra forma”.

Lamentou que a portavoz do PP no Parlamento “non soubera nada” da petición do Concello de manter unha xuntanza co responsable de Sanidade para presentar as súas reivindicacións. Animou aos veciños e veciñas da localidade a que “sigan reivindicando os seus dereitos, porque o goberno local vai estar sempre mellora sanitaria do noso concello, seguiremos indo onde teñamos que ir”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41