Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista pídelle ao Ministerio de Agricultura que teña en conta as alegacións das organizacións agrarias no decreto que regula os puríns

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, apelou hoxe ao Ministerio de Agricultura para que teña en conta as alegacións das organizacións agrarias de Galicia ao borrador de decreto de fertilización da terra.

De feito, os socialistas galegos presentaron ao Ministerio de Agricultura un informe de apoio a esas alegacións, a fin de que se “atendan con sensibilidade”.

Nese informe, reflíctense inexactitudes nas medicións das emisións das explotacións de vacún, e polo tanto unha baixada da contaminación por amoníaco no aire, uns datos contrastados polos investigadores do CIAM e os estudos do Ministerio.

Ademais, aborda a prohibición da aplicación de puríns por vía do prato ou abanico sen facer un tratamento diferenciado das zonas, os tipos e o tamaño das explotacións, ao tempo que indica as dificultades que implican para as pequenas explotacións gandeiras e as complicacións na orografía galega.

Así pois, o parlamentario socialista presenta unha batería de alternativas para loitar contra a contaminación do aire e o solo polos puríns, como son o dimensionamento axeitado das fosas e a súa cubrición, o enterramento do purín inmediatamente despois de aplicalo, a formación de costra na fosa, a súa aplicación en función das condicións meteorolóxicas ou empregar árbores e setos nas lindes das parcelas, “de acordo cos compromisos ambientais con Europa”.

Xunta de Galicia

O responsable socialista esíxelle ademais á Xunta de Galicia que “deixe de mirar para outro lado e actúe con medidas eficaces para reducir ás emisións ao aire e á terra en zonas con maior concentración de amoníaco no aire ou nitratos no solo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13