Categorías: Actualidade

O PP négase a comezar coas obras de mellora da estrada entre A Rúa e A Gudiña

A parlamentaria socialista Noela Blanco esixiulle hoxe ao goberno galego que responda con “orzamentos para dar pico e pala” e rematar coas obras de mellora da estrada entre A Gudiña e A Rúa, incluíndo a ampliación ao terceiro carril en diferentes tramos. Blanco presentou unha iniciativa en Comisión reclamando as obras, que foi rexeitada polo PP para impoñer a súa propia iniciativa reducindo as obras a “un estudo de mellora”.

A responsable socialista reclamoulle hoxe á Xunta que execute antes do remate da Lexislatura en 2020 as obras pendentes no vial OU-533 que une A Rúa, Petín, Larouco, O Bolo, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso e A Gudiña, incluíndo a construción do dito terceiro carril. Acusou ao PP de darlle “cambiazo” a unha demanda necesaria dende hai 10 anos para incluír unha iniciativa na mesma comisión pedindo “un estudo”.

Lembrou que nos últimos 5 anos o PP “deixou sen executar en Galicia 2.000 millóns de euros, e Ourense foi unha das prexudicadas, rexeitando sistematicamente as emendas dos socialistas aos orzamentos para executar esta obra, ou metendo “nun caixón” durante dous anos o proxecto de circunvalación de O Barco durante os gobernos de Rajoy.

Contrastou a parálise do PP coas actuacións do Executivo de Pedro Sánchez, que en decembro aprobou o proxecto de circunvalación de O Barco e “en menos dun mes xa se licitou no BOE con 60 millóns de euros para unha infraestrutura que enlazará as estradas N-536 e N-120. Ademais, sinalou, hai xa 3 tramos da autoestrada A-76 entre Ourense e Ponferrada en fase de redacción, e o que pasa por Monforte de Lemos xa están en marcha.

Instou ao goberno galego a responder ás peticións da comarca, que “leva anos reclamando a mellora da mobilidade, reducir os temos de percorrido, incrementando a seguridade viaria e unha vía necesaria para vertebrar a mobilidade das persoas que utilizarán a alta velocidade para desprazarse dentro de Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13