Categorías: Actualidade

O PP impide pedirlle ao goberno galego medidas preventivas fronte á peste porcina

O portavoz de Gandaría do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, acusou hoxe ao PP de negarse a pedirlle á Xunta medidas preventivas fronte á chegada da peste porcina africana a Galicia. Pérez Seco presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Agricultura do Parlamento que foi vetada polo PP, pechando os ollos así ás reclamacións do Ministerio de Agricultura e dos expertos en sanidade serolóxica no gando porcino.

O responsable socialista sinalou ás recomendacións do Ministerio de Agricultura fronte ao risco de que este animal estenda a peste porcina, como está a suceder no resto de Europa, con campañas de concienciación entre os sectores implicados para minimizar a súa entrada. Sinalou a importancia de tomar as medidas preventivas antes de que a praga chegue a Galicia e evitar situacións como as que se teñen rexistrados noutras pragas.

Lamentou do risco desta actitude do PP e do goberno galego de negar o problema, máxime cando “aínda que na actualidade non existe unha vacina cen por cen eficaz, a comunidade científica prevé tela ultimada en dous anos, aproximadamente”, polo que urxe a “tomar medidas para evitar que os xabarís da península se infecten”.

Difícil de controlar

Sinalou á dificultade de controlar o movemento dos animais dunha especie, como é o xabaril, que vén de rexistrar unha elevada concentración en toda Europa e un crecemento exponencial en España e Galicia. A última vez que entrou foi no ano 1960, sendo erradicada en 1995, malia focos localizados en 2001 e 2005, gracias ao traballo do Ministerio de Agricultura, que serviu para que o sector porcino se situara á vangarda de bioseguridade, benestar animal e seguridade alimentaria.

Lamentou a escasa atención do goberno galego e do PP á situación desta especie en Galicia, logo de ter rexeitado sistematicamente as advertencias dos socialistas. A última delas tivo lugar no pasado mes de outubro, cando reclamaran un censo da poboación do xabaril e un plan de xestión desta especie para estabilizar á súa poboación e limitar os danos na agricultura, a gandaría, a circulación viaria e o equilibro medioambiental.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28