Categorías: Actualidade

Aprobada a nosa proposta para que a Xunta remate coa parcelaria de Figueiras e Villestro logo de 27 anos

A Comisión de Agricultura do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para urxirlle á Xunta a que remate coa concentración parcelaria das parroquias de Figueiras e Villestro, en Santiago de Compostela, aberta hai xa 27 anos. O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Raúl Fernández, presentou esta iniciativa para dar fin ao prexuízo provocado aos veciños pola lentitude do proceso.

Fernández trasladoulle á Cámara autonómica as alegacións das asociacións veciñais das parroquias afectadas, que protestan polos dez anos de goberno de Feijóo “sen que se dese nin un só paso máis para concluír este proceso”. Reclaman o remate do proceso de concentración parcelaria dos montes que comezou no ano 1991, que tivo que agardar ata decembro de 2009 para que se aprobaran as súas bases definitivas, e que leva paralizado dende entón.

O responsable socialista criticou “as carencias demostradas pola Xunta na execución das súas propias decisións” e representa un “goberno que incumpre e os cidadáns sofren as consecuencias”. Os veciños, dixo, vense obrigados a agardar durante décadas pola concentración parcelaria “para poder cultivar, producir e reiniciar as actividades vencelladas ao monte”, e se enfrontan a un proceso que “paraliza ou limita a explotación das parcelas”.

Esta situación, segundo sinalan os propios veciños, redunda nun maior risco de incendios nunhas parroquias consideradas polo Pladiga como de alta actividade incendiaria e de especial vixilancia, incrementado polo estado de abandono das terras derivado precisamente da lentitude no proceso de concentración parcelaria.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a que remate o proceso de concentración parcelaria do monte nas parroquias de Figueiras e Villestro, do Concello de Santiago de Compostela, iniciado no ano 1991 e coas bases definitivas aprobadas dende 2009”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08