Categorías: Actualidade

O PP impide no Parlamento ampliar as axudas ao libre marisqueo a todo o sector e deixa fora ao marisqueo a pé

Julio Torrado reclama equiparar as axudas por baixa produción do marisqueo a flote e a pé, “separados por metros, e ás veces por unha simple baliza”

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe ao PP de impedir co seu voto que a Xunta amplíe as axudas ao libre marisqueo a todo o sector afectado pola caída da produción. Torrado presentou unha proposición non de Lei para pedir o mesmo respaldo do goberno galego para o marisqueo a pé, pero que non saíu adiante polo voto en contra do PP.

O responsable socialista lamentou que a Xunta libere axudas “a unha parte do sector” marisqueiro, sinaladamente ao que faena a flote, deixando fora ás mariscadoras a pé, cando “están separados apenas por metros, e ás veces unicamente por unha baliza”. Sinalou que “non ten sentido” que en rías como a de Arousa ou a de Noia, onde o marisqueo a flote convive nos mesmos bancos coas mariscadoras a pé “recoñezan un problema de produción só en algunhas zonas”.

Torrado emprazou á Xunta a “entrar en razón” e acceder a estudar a fondo os motivos detrás da perda continuada de produción marisqueira nas rías galegas e contar cun “coñecemento real, dende o punto de vista científico e analítico”. Esixiu ao goberno galego a “ceder e rectificar na súa intención de facer como que non pasa nada” e intentar “esconder” unha realidade que está a provocar “frustración” no libre marisqueo.

O parlamentario socialista lembrou que cando o PP chegou ao goberno en 2009 había 6.500 permisos de marisqueo a pé -Permex- e, malia que o seu obxectivo fora superar os 8.000 en apenas unha lexislatura, hoxe “estamos por debaixo dos 4.000 Permex e baixando cada ano”.

Ademais, sinalou a baixada continuada da produción de ameixa a ría de Arousa, onde pasaron de 700.000 quilos de babosa en 2010 a 150.000 en 2022, e dos 450.000 quilos de fina en 2010 a 118.000 o ano pasado.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05