Categorías: Actualidade

Formoso esixe a Feijóo que pida perdón a todas as mulleres galegas por “querer quitarlles un dereito”

O secretario xeral do PSdeG recrimina ao líder do PP o recurso á reforma do lei do aborto e “manipular e manobrar no Tribunal Constitucional”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, esixiu este venres ao líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, que pida desculpas a todas as mulleres galegas por poñer en risco a súa liberdade co recurso do PP á lei do aborto.

Formoso manifestou a ledicia dos socialistas pola decisión do Tribunal Constitucional favorable á reforma da lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo do executivo de Zapatero, cualificándoo como un “día histórico para a liberdade das mulleres”.

Ante o recurso que presentou o PP entón para impedir a reforma da lei e que mantivo o seu actual líder, Alberto Núñez Feijóo, fíxolle un “chamamento explícito” a este para que “pida perdón ás máis de 1.396.000 mulleres galegas que estiveron a piques de perder un dereito que teñen as mulleres en todos os países homologables de Europa”.

O líder socialista cre que co seu recurso o PP “buscaba coartar a liberdade das mulleres  galegas e españolas, rematando cun dereito que desfrutan dende hai tempo”. Así mesmo, entende que o PP intentou “manobrar contra a liberdade das galegas de tal modo que incluso buscaron manipular e que se mantivera a maioría conservadora no tribunal Constitucional para que a decisión fora outra”.

Formoso celebrou que a pesar das trabas dos populares durante todos estes anos e a tardanza do poder xudicial en tomar a decisión, “ao final fíxose xustiza”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29