Categorías: Actualidade

O PP debe baixar a soberbia e subir a capacidade de diálogo para reformar a Atención Primaria

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamoulle hoxe ao PP que “demostre que aprendeu, baixe un pouco a súa soberbia e suba a capacidade de diálogo”. Así o dixo ao presentar unha proposición non de Lei coas aportacións dos colectivos sanitarios para sentar as bases da reforma da Atención Primaria que permita recuperar a calidade asistencial perdida logo de 9 anos de recortes de Feijóo.

“O PP ten que corrixirse a si mesmo e reducir a súa soberbia”, abundou o portavoz socialista, antes de reclamar “cambiar o equipo na Consellería de Sanidade”, devolvendo ao seu titular a exercer a súa praza de médico, xa que, dixo, “é a mellor aportación que pode facer” á sanidade pública diante do déficit de profesionais.

Torrado alertou de que a Xunta pretende que os grupos de traballo da sanidade sexan “punto e final”, cando “resultan insuficientes” e “deben ser o comezo” do diálogo para paliar, en primeiro lugar, a falla de persoal sanitario, logo de nove anos deseñando “enxeñería xurídica e fiscal para consolidar a explotación laboral dos traballadores e das traballadoras”. Así, reclamou que a convocatoria de OPE sanitario inclúa prazas novas e non só a reposición de xubilacións.

Os socialistas reivindican a recuperación das xerencias de Atención Primaria postas en marcha polo goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño, que agora Feijóo quere devolver logo de telas cancelado en 2012. O mesmo goberno de Touriño, dixo, foi o que publicara e promovera os contratos MIR que, de novo, Feijóo metera nun caixón e agora lembrou, o mesmo PP que ten votado en contra de aumentar a capacitación profesionais dos traballadores da sanidade pública.

Feijóo e as fotos

Julio Torrado alertou da intención do goberno galego de convocar aos ditos grupos de traballo sobre a reforma da Atención Primaria para “facerse fotos aparentando que solucionan o problema”. Subliñou que os grupos de traballo “son un punto de inicio pero non poden ser un punto e final”, e lembrou que non foron convocados pola Xunta nin os PACs en folga, nin outros profesionais de atención Primaria como o caso dos fisioterapeutas, por exemplo.

Ironizou ademais coa escasa habilidade de Feijóo, que “non é o mellor escollendo con quen fai as fotos”, e que “hoxe está en Andalucía, aplaudindo xunto a Santiago Abascal”, en alusión á toma de posesión do presidente daquela Comunidade Autónoma apoiado polos votos de Vox e Ciudadanos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28