Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “Feijóo erra ao entregarse aos pactos con VOX”

O secretario xeral lamenta que o presidente da Xunta abandone “o centro dereita e o galeguismo” mentres “ata Rajoy” alerta dos riscos dese “sectarismo”

Santiago, 19 de xaneiro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou hoxe a atención sobre as diferenzas entre o discurso político de Feijóo e o feito de que teña abandonado “o centro político e o galeguismo” para “entregarse politicamente aos pactos con VOX”.

“Feijóo erra”, subliñou o xefe de filas do PSdeG, ao tempo que rexeitou que pretenda “disfrazar o que está facendo o PP” ao “abrazarse a forzas extremistas que rexeitan boa parte do núcleo do equilibrio constitucional español”.

“Está asumindo apostas pola recentralización, discursos xenófobos e en contra da igualdade entre homes e mulleres”, evidenciou, convencido de que ese tipo de política é “negativa para a maioría da cidadanía”. “Ese escenario de pactos é perigoso, radicaliza ao PP cun xiro cara a extrema dereita”, incidiu Gonzalo Caballero.

Despois de sinalar que “ata Mariano Rajoy tivo que ir á conferencia do PP a advertir de que non se pode caer no sectarismo”, o líder dos socialistas galegos amosou a súa “preocupación” polo feito de que Feijóo “abra a porta” a eses acordos.

“DESMORONAMENTO DO PP”

Consciente de que a postura do presidente da Xunta obedece ao “desmoronamento do PP en toda España” e á desaparición das maiorías absolutas, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que as posicións de VOX son “as peores medicinas para a democracia e o avance en benestar, dereitos e igualdade”.

Así, coa “alerta” de que distintos referentes políticos do PP, como os candidatos ás alcaldías de Vigo e Lugo, xa amosaron a súa disposición a pactar con VOX, o secretario xeral lamentou que o PP “non sexa quen de orientarse cara unha dereita moderna e europeísta” no canto de optar “polo retroceso e a falla de moderación”.

PGE “BOS PARA A CIDADANÍA POLA PRIORIDADE SOCIAL”

Tras aseverar que os socialistas traballarán para “quitar a careta” a Feijóo, Gonzalo Caballero reivindicou o “compoñente social” dos orzamentos presentados polo Goberno de Pedro Sánchez. “Son bos para a cidadanía”, apuntou, ao tempo que recordou que os fondos que se destinan a Galicia son “superiores á media de España” e supoñen máis inversión por habitante que en autonomías como Cataluña, Navarra ou Euskadi.

Ademais, resaltou que “máis dun millón de galegos verán incrementar os seus ingresos mensuais directamente” con estes orzamentos, aludindo así á suba para uns 700.000 pensionistas e uns 150.000 empregados públicos, sumada ao ingreso mínimo vital para 75.000 galegos e os beneficios para 212.000 autónomos.

A isto se engade a supresión progresiva do copago de fármacos para 570.000 galegos, a ampliación das becas de estudo e as medidas contra a pobreza infantil ou para a loita contra a violencia de xénero.

En canto á inversión directa, o máximo dirixente do PSdeG recordou que estas contas permitirán a chegada do AVE a Galicia nos prazos comprometidos e puxo en valor a “inversión histórica”, de 4.325 millóns de euros, para a construción de cinco fragatas nos estaleiros públicos de Navantia en Ferrol. Un proxecto, recordou, que o goberno do PP “meteu nun caixón” e aínda ten que explicar por que.

Así pois, Gonzalo Caballero destacou que estes orzamentos “son bos para a cidadanía galega”, pola súa “prioridade social” que permite, por exemplo, subir as pensións pese a que o PP dicía que “non había cartos” para iso; e porque “son realistas” e consignan as cifras que se investirán, a diferenza da etapa de goberno anterior.

Iso si, o líder do PSdeG considera que todos os proxectos poden ser “mellorados” e que os socialistas galegos “estamos comprometidos con Galicia en primeiro lugar”, de xeito que traballará para “dar máis posibilidades de inversión en Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13