Categorías: Actualidade

O Parlamento pídelle á Xunta a tramitación dixital de licenzas urbanísticas en toda Galicia

A Comisión de Política Territorial do Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para que a Xunta acorde coa Fegamp a implantación dunha plataforma dixital de licenzas urbanísticas en tódolos concellos galegos. A portavoz de Urbanismo do Grupo Socialista sinalou a “necesidade” deste mecanismo “para evitar a cronificación dos problemas de demoras na emisión de informes tanto dos servizos urbanísticos municipais como de Patrimonio.

Pierres chamou a traballar de forma coordinada coa Fegamp e os colexios profesionais implicados “para acadar a implantación dunha ferramenta telemática eficaz que permita mellorar a transparencia e trazabilidade do proceso de emisión de informes e a concesión de licenzas, así como a mellora dos tempos de tramitación”.

Apuntou que estas tramitacións urbanísticas “seguen a ser non só as máis habituais nas administracións locais, senón tamén as que máis queixas reciben”. Estas derivan das “demoras de meses e incluso varios anos nos informes”, así como dos “tempos empregados entre comunicacións e remisión de informacións entre os diferentes organismos, así como entre estes e os promotores”.

Incidiu na importancia de “mellorar a comunicación entre os diferentes axentes” para que a través desta pasarela dixital, accesible e visible, “se poida avanzar na normalización dos procesos de tramitación das autorizacións urbanísticas”. Sinala que se trata dun “paso adiante importante que permitirá superar a tendencia, xa instaurada en moitas galegas e galegos, a relacionar as licenzas e trámites urbanísticos coa prevaricación e o tráfico de intereses”.

Abandono da Xunta

A responsable de Urbanismo recriminoulle á Xunta o abandono do compromiso acadado en 2011 para traballar na actualización dixital das licenzas e que, pola “evidente falla de interese e de financiamento”, foi “esquecida”. Apuntou que concellos como Vigo “son os que asumen os custes da implantación desta ferramenta en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, demostrando as melloras evidentes no funcionamento do servizo dende entón”.

Sinalou a “necesaria transparencia” nos procesos como unha obriga do goberno que “ten que ser afrontada con celeridade para desatascar unha situación que afecta a toda Galicia, e que servirá para impulsar a actividade empresarial, os investimentos e a recuperación e rehabilitación do noso Patrimonio”.

María Pierres puxo como exemplo o caso dos expedientes de reforma de BICs, ou vivendas con algún tipo de protección e que, pola demora de anos na consecución dos informes, provocan o desestimento dos promotores durante o proceso. Puntualizou que “supón un contasentido co que debera ser o fin último dun servizo, como o de Patrimonio, que tería que velar e impulsar a actividade rehabilitadora e de conservación do patrimonio galego”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a impulsar, dentro do nodo de interoperabilidade Pasaxe!, en colaboración coa Fegamp e colexios profesionais implicados, a implantación dunha plataforma de tramitación de licenzas e doutras tramitacións urbanísticas, que favoreza o traballo en rede para realizar os trámites administrativos de solicitude, seguimento e resolución de licenzas e autorizacións de obras, así como normalizar e simplificar os procesos de visado, validación e supervisión técnica efectuados polos colexios profesionais”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18