Categorías: Actualidade

Orzamentos 2019: As contas de Sanidade son “mentira”

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, criticou hoxe que o conselleiro de Sanidade “en funcións” presente “uns orzamentos que son mentira” e que orzamenta “mal a propósito para cambiar as partidas sobre a marcha”, como ten acreditado o mesmo Consello de Contas. Así o dixo na comparecencia para presentar as contas da Consellería de Sanidade, hoxe na Comisión de Orzamentos do Parlamento.

O responsable socialista sinalou hoxe que o Consello de Contas “ten apuntado tantas irregularidades e advertencias sobre os Orzamentos que non valen para nada”. Lembrou que de acordo co ente fiscalizador a Consellería orzamenta mal deliberadamente para alterar as partidas ao longo do ano e eludir así o control financeiro e parlamentario, e presentan outras sen xustificación nin inclúen os plans esixidos para presentar as contas.

Criticou que a ansia por “falsear” as contas do departamento leva a que o conselleiro “calca a intervención do ano pasado”, repetindo os compromisos que “saben que non os van executar”. Sumou un deseño financeiro “dramático” aos múltiples conflitos xerados por unha xestión “desastrosa”, sumando ás eivas de calidade provocadas polos recortes e a precariedade dos recursos laborais e materiais do departamento.

Lembrou o conflito e rectificación dos pediatras de área, o falecemento dun paciente no PAC de A Estrada mentres o único médico en servizo estaba atendendo unha consulta externa, a suspensión de pagos de Povisa, a situación precaria da Atención Primaria ou as promesas incumpridas en Saúde Mental. A conclusión, dixo, é unha Consellería “á deriva” na que o actual conselleiro mantense por “mero cálculo de oportunidade electoral e non pola necesidade do sistema”.

O portavoz socialista aludiu ao “espectáculo bochornoso” que protagonizaron ao intentar impoñer a figura dos pediatras de área a través da Lei de Acompañamento, e que tiveron que rectificar pola vía os feitos logo da forte contestación social e profesional. Evidenciaron desta forma, dixo, que “non falan con ninguén” cando os profesionais da pediatría “botaron as mans á cabeza” e o mesmo portavoz do PP apuntou á súa rectificación.

Torrado advertiu que precisamente “somos os grupos da oposición os que estamos mantendo ao conselleiro no seu cargo ao manter aberta a Comisión de Investigación” polas consecuencias dos recortes, o falecemento do paciente de A Estrada e os falecidos por Hepatite C aos que lles negaron a medicación necesaria para salvarlles a vida polo seu custe.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18