Categorías: Actualidade

Feijóo responderá do fracaso da súa política laboral

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe que a próxima sesión de control ao presidente da Xunta estará centrada no fracaso das políticas do goberno galego para a creación de emprego de calidade. Así o explicou logo da reunión da Xunta de Portavoces que fixou a orde do día do Pleno da próxima semana.

Fernández Leiceaga explicou que de acordo coa EPA, o 27 por cento dos contratos de Galicia son temporais, con 235.400 asalariados nesta situación, e dende o terceiro trimestre de 2014, un de cada dous empregos creados é temporal, unha situación especialmente grave no caso das mulleres, entre as que 6 e 7 novos empregos de cada dez son temporais.

O responsable socialista advertiu da responsabilidade de Feijóo no desleixo do goberno galego pero, o que resulta “máis grave”, de que tódolos empregos creados no sector público dende 2014 sexan temporais, e mesmo “algúns fixos convértense” en precarios.

Reclamaralle unha actuación eficaz e decidida para “darlle unha oportunidade aos nosos xóvenes” que merecen incorporarse ao mercado de traballo sen ter que “pasar unha longa carreira de obstáculos no sector público con contratos penosos ata chegar á madurez encadeando interinidades”.

Nepotismo

Os socialistas empregarán ademais a sesión de preguntas aos membros do goberno para presentar unha pregunta urxente pola condena á Xunta por nepotismo na Consellería de Educación, onde favoreceron a incorporación dunha docente emparentada coa secretaria xeral de Igualdade creándolle unha praza “á medida” na Escola de Restauración de Bens Culturais de Galicia.

O propio Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentencia contra o goberno galego o pasado xoves deixando en evidencia o procedemento “totalmente irregular” e que chegou a cualificar de “torcida actuación” por parte do Goberno autonómico.

Fernández Leiceaga relacionou este caso coa recente admisión a trámite e inicio de xuízo contra dous altos cargos da Consellería de Facenda por un posible caso de acoso inmobiliario contra unha muller maior residente nun inmoble do goberno galego “para expulsala do edificio”. Os socialistas tamén presentarán este asunto como unha pregunta oral no próximo Pleno do Parlamento.

Alcoa

O Grupo Socialista presentará ademais unha proposición non de Lei para ratificar o apoio social e político unánime aos traballadores da planta de Alcoa na Coruña, reclamándolle ao goberno galego que poña enriba da mesa alternativas e propostas para facilitar a permanencia da planta e ao goberno de España “solucións” para manter os postos de traballo.

Tamén incluirán unha proposición non de Lei para reivindicar o desenvolvemento do decreto de comedores escolares, paralizado dende a súa aprobación en decembro de 2013, o que impide recoñecer diferentes formas de xestión deste recurso, como son os comedores impulsados pola Anpa en Pontevedra ou Campolongo.

Tamén incluirán unha interpelación sobre a política do goberno galego con relación á Rede de Atención Temperá, que actualmente só abarca 92 dos 313 concellos de Galicia, deixando outros 220 sen este servizo de proximidade.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57