Categorías: Actualidade

Noa Díaz reclámalle á Xunta un bono cultural con “maior tino e sentidiño” para garantir que favoreza o consumo de cultura galega

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, reclamoulle hoxe á Xunta que recupere o Bono Cultural de impulso ao consumo cultural galego, pero desta volta con “maior tino e sentidiño” para garantir que cumpra o seu obxectivo. Díaz presentou unha pregunta oral ao conselleiro de Cultura no Pleno do Parlamento celebrado hoxe, na que reclamou “unha rigorosa avaliación dos efectos” desta iniciativa sobre a cultura galega.

A parlamentaria socialista propuxo que “avalíen os resultados” do bono desconto da pasada campaña de Nadal, para “afinar na selección dos produtos e establecementos que se adhiren así como nos tempos”. Alertou “para que non se converta tanto nunha campaña estacional de Nadal como nun auténtico instrumento que favoreza o consumo cultural do noso país e, sobre todo, da nosa cultura”.

Noa Díaz lembra que a posta en marcha do bono desconto da Xunta foi acompañada de “copiosas críticas ao bono cultural Xente Nova do Estado” que, ao igual que en Francia ou Italia, destina 400 euros para que rapaces e rapazas de 18 anos dediquen ao consumo de cultura. Sinala que o 80 por cento destas axudas nos países que dispoñen del foron destinados á compra de libros, en contraste co “desleixo da Xunta” para co sector.

Mentres outras comunidades autónomas se sumaban á iniciativa poñendo en marcha propostas semellantes, a Xunta se despachaba con críticas acusándoo de “discriminatorio”. Reclamoulle que “sexamos serios e responsables e, lonxe de confrontar de novo co Estado cando pinta dunha cor distinta á azul, por unha vez adopten unha postura construtiva e colaboradora e convoquen de novo o bono pero desta volta complementario ao estatal”.

A parlamentaria socialista considera “oportuna” a medida, pero reclamou “unha rigorosa avaliación dos efectos que tivo sobre a nosa cultura, en especial sobre os produtos culturais galegos, e en que medida axudou a crear novos públicos e fortaleceu todo o sector”. Mesmo recomendoulle ao conselleiro que “consulten vostedes ao sector para comprobar se ese bono desconto tivo os efectos agardados”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04