Categorías: Actualidade

Julio Torrado critica a “falla de ambición” e o “conformismo preocupante” da Xunta tras admitir que a sanidade pública galega non recuperará os niveis prepandemia ata 2023: “Ese non é o camiño a seguir”

Lamenta que o Executivo galego renuncie ás “grandes transformacións” e censura que falseen as listas de espera “para contar que o fan ben”

A voceiro de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, criticou hoxe a “falla de ambición” e o “conformismo preocupante” da Consellería de Sanidade despois de que o xerente do Sergas admitise publicamente que a sanidade galega tardará, polo menos, un ano en recuperarse da pandemia. Fíxoo no Pleno do Parlamento, a través dunha pregunta oral ao conselleiro de Sanidade.

“Non aprendemos nada”, lamentou o socialista quen sinalou que “a pandemia para este goberno foi unha boa escusa, pero así non se pode xestionar a sanidade”. Así, malia que “recuperaron os cheos os estadios, os bares ou as igrexas, non o fixo a sanidade pública galega”, xa que “debe ser que a sanidade é o último dos recunchos que merece o esforzo para recuperar o nivel prepandemia”, ironizou o socialista.

A realidade, sinalou, “é que é moi difícil cun goberno que renuncia ás grandes transformacións”, continuamente “anuncia os mesmos plans cambiados de nome” e ademais “non conta a verdade con respecto ás listas de espera”, unha cuestión xa denunciada polo Consello Consultivo que acusou ao Executivo autonómico de falsealas e trucalas, “pero isto impórtalles un bledo”. “Menten para contar que o fan ben”, acusou o socialista.

Fronte a este escenario, destacou, hai comunidades autónomas que, tomando as referencias do pasado mes de xuño, xa están mellor en listas de espera por unha primeira consulta en xuño de 2021 que en xuño de 2019, como é o caso de Asturias, Estremadura, Canarias, A Rioxa ou Baleares.

Por último, Torrado sinalou que Galicia é unha das comunidades autónomas de España que menos inviste en sanidade por habitante; é a segunda comunidade de España pola cola en porcentaxe de investimento en Atención Primaria do total do orzamento sanitario, só por detrás da Comunidade de Madrid; e conta con case 1.000 profesionais menos en Primaria que no ano 2009.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18