Categorías: Actualidade

Noelia Otero acusa á Xunta de “vulnerar os dereitos de centros e alumnado” cando hai clases que están “ata dúas semanas sen docente” porque Educación rexeita cubrir as baixas menores a dez días

Pide á Consellería de Educación que garanta a cobertura das baixas de profesorado a partir, como mínimo, do segundo día

Censura o “cinismo” do Executivo galego a quen só lle interesa a responsabilidade “para ir a contracorrente” do goberno de España

O voceira de Educación do Grupo Socialista, Noelia Otero, acusou hoxe á Xunta de “vulnerar os dereitos de centros e alumnado” cando hai clases que están “ata dúas semanas sen docente” porque Educación rexeita cubrir as baixas de docentes menores a dez días. Fíxoo, no Pleno do Parlamento, durante unha interpelación ao goberno galego onde apelou ao “sentidiño” e esixiu ao conselleiro de Educación que garanta a cobertura de baixas de persoal a partir, como mínimo, do segundo día.

A socialista denunciou o “cinismo” do Executivo autonómico, xa que a responsabilidade “só lles interesa para ir a contracorrente das decisións do goberno de España”. Exemplo disto é que Galicia mantivo a máscara no patio das escolas varios meses máis que no resto do Estado aludindo a unha suposta “prudencia”; pero, ao tempo, censurou a socialista, dende novembro “non cobren baixas docentes, co que parece que non hai pandemia nin contaxios ou enfermidades”.

Fronte as palabras do presidente da Xunta loando os “acertos da comunidade educativa” durante a crise sanitaria da covid, Otero lamentou que “na práctica” isto se traduza nun “maltrato ás e aos docentes no día a día” tomando decisións como esta que “derivan nunha baixada inaceptable na calidade do ensino”, xa que o profesorado que se ve obrigado a cubrir ocos por días ou horas soltas descoñece canto tempo debe atender esa materia, o que imposibilita facer unha planificación axeitada.

A maiores e “por se fose pouco, tamén reduciron a dous únicos días os chamamentos para cubrir as baixas”, así mentres antes tiñan lugar a diario, agora só se efectúan os martes e os venres, polo que cando se debería de producir o chamamento, en moitas ocasións xa transcorreron varias xornadas dende que os centros reclamaron a substitución, incidiu.

Neste marco, a portavoz socialista denunciou unha “opacidade constante” na Consellería de Educación que “garda silencios cómplices” que resultan “lesivos” ante as “alertas de dificultades” por parte de comunidade educativa ou sindicatos e acusou ao Executivo galego de “borrar a diario e por sistema” solicitudes de baixas chegando a unha media  de 20 diarias.

ESTA DECISIÓN “DERIVA EN ATRASOS E DEFICIENCIAS”

Porén, lamentou, estas dúas circunstancias “derivan en atrasos e deficiencias tanto no plano académico como na atención en canto a necesidades especiais e específicas” do alumnado e deixa patente que a Xunta emprega “un sistema rácano e irresponsable que non beneficia a ninguén máis alá de que estean pensando nos números e non na calidade educativa do ensino público”.

De feito, así se plasmou nos orzamentos de Educación para o curso 2022-2023 nos que o Executivo galego incluíu “un recorte de case 900 docentes” e onde o peso do investimento en Educación sobre o total dos orzamentos autonómicos non acada ao 21% cando, antes da chegada de Feijóo á Xunta, sinalou a socialista, esta partida superaba o 25% con respecto ás contías globais do goberno autonómico.

O BALANCE EDUCATIVO DE FEIJÓO: 868 DOCENTES MENOS

Esta dinámica de “recortes de persoal docente” forma parte do balance dos 13 anos de goberno de Feijóo, concluíu a socialista, quen lembrou que a educación pública galega dispón de 868 docentes menos que no ano 2009, ao tempo que a Xunta “segue incrementando o gasto na educación concertada”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08