Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclama atención sanitaria presencial para persoas con diversidade funcional

A parlamentaria socialista Leticia Gallego reclamoulle hoxe á Xunta que garanta atención sanitaria presencial para as persoas con diversidade funcional. Gallego presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento na que alertou dos problemas que provocan neste colectivo a redución de horarios nos centros de saúde, que pasou de 09 a 21 a atender de 09 a 15, o que os aboca a dirixirse a Urxencias.

Gallego puxo como exemplo a situación do Centro de Saúde de Navia, en Vigo, que prestaba servizo ás persoas usuarias de Apamp –Asociación de Familias de Persoas con Parálise Funcional- e de Alento –Asociación de danos cerebrais de Vigo-. Esta situación, dixo, “provoca un retroceso no servizo para toda a poboación, afectando de xeito especial ás persoas con algún tipo de discapacidade, e máis gravemente ás persoas con parálise cerebral”.

Leticia Gallego sinalou que “son centros de servizos sociais, non son centros sanitarios, e necesitan sempre, e máis agora no contexto da covid – 19, tutela e atención sanitaria eficaz”. Explicou que a pandemia “puxo de manifesto a responsabilidade, a profesionalidade e bo facer das entidades do terceiro sector na xestión segura dos centros”.

Sinala ademais a situación particular destas persoas, que se enfrontan á “imposibilidade de recoñecer a sintomatoloxía e trasladar o problema a través do teléfono” debido ás dificultades de comunicación oral de moitos deles. Explicou que “os médicos non se trasladan a ver aos pacientes, e estes vense na obriga de recorrer aos servizos de urxencias coas dificultades que implica para estas persoas e para os seus coidadores e coidadoras”.

Engadiu que os médicos de familia “deixaron de visitar aos residentes que están na cama por mor dunha enfermidade”, polo que “é necesario asignar un médico de atención primaria para as residencias”, que “apenas teñen rotación”. Sinalou que “ter un médico facilitaría o coñecemento da saúde de cada un dos residentes e das súas enfermidades”, permitindo “previr e estar atento aos novos síntomas e ser moito máis preciso no diagnóstico”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00