Categorías: Actualidade

Impasividade da Xunta para defender a factoría de Siemens – Gamesa en As Somozas

O portavoz de Política Industrial do Grupo Socialista, Martín Seco, denunciou hoxe a “impasividade” da Xunta ao defender a continuidade dos postos de traballo na factoría de Siemens – Gamesa en As Somozas. O responsable socialista presentou unha pregunta oral no Pleno do Parlamento pola situación da fábrica, na “corda frouxa” dende a compra da fábrica de vaos en Portugal por parte da empresa.

Seco denunciou hoxe a “falla de mecanismos de promoción e atracción de actividade industrial dun inexistente departamento de Industria”, que reflicte a “incapacidade de facer políticas eficaces durante 12 anos de caída do sector industrial en Galicia”. Lamentou que o goberno galego non fixera valer as plenas competencias en política industrial para frear a deslocalización da produción de palas para as eólicas, deixando en Galicia un modelo antigo en favor da planta portuguesa.

Sinalou que o desleixo do goberno galego deixa 300 familias da comarca ao borde de perder o seu traballo mentres a Xunta “simplemente bota balóns fora” apuntando ás subastas eléctricas que “nada teñen que ver” coa produción de palas eólicas. Criticou que “unha vez máis opten pola política do avestruz, pero os traballadores de Ferrolterra non poden esperar máis ante unha situación agónica”.

Apuntou que “sería incomprensible que unha empresa como Siemens – Gamesa actuara de costas ao noso territorio e marchara sen que vostedes fixeran nada para evitalo”. Apuntou así ás “oportunidades que xorden en Galicia co aumento que teremos da potencia instalada, as oportunidades que xorden coa eólica mariña e a súa posible implantación en Galicia e os fondos que poden chegar de Europa para proxectos nos que o eólico ten unha adaptación excepcional”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08