Categorías: Actualidade

O grupo socialista pecha a reorganización das áreas de traballo

O Grupo Socialista comunicou hoxe o novo reparto de áreas derivado dos cambios na organización do Grupo parlamentario, logo do nomeamento de Luis Álvarez como portavoz do Grupo Parlamentario. Álvarez encabeza a dirección á que se incorporaron como portavoces adxuntos Begoña Rodríguez Rumbo, Leticia Gallego e Julio Torrado, e que está integrada ademais por Patricia Otero, Juan Carlos Francisco e Carmen Rodríguez.

Gonzalo Caballero será a partir de agora portavoz de Economía e Facenda e Universidade, Begoña Rodríguez Rumbo asumirá Función Pública, Administración Local e Orzamentos, Julio Torrado seguirá á fronte de Sanidade e Marisqueo, e Leticia Gallego Comercio, Turismo e I+D+i. A luguesa Patricia Otero continuará a cargo de Infraestruturas e Transporte e Pesca, e Juan Carlos Rodríguez será o responsable de Deportes, Ordenación do Territorio e Vivenda.

A ourensá Carmen Rodríguez Dacosta encabezará as áreas de Emprego e Montes, Noa Díaz fará o propio con Cultura, Lingua e Igualdade, e Pablo Arangüena asumirá Política Exterior, Calidade democrática e transparencia, Emigración e Medio Ambiente, esta última compartida con Paloma Castro, que continuará á fronte de Xustiza e asumirá Cooperación.

O Parlamentario Martín Seco será o responsable de Industria, Enerxía, Gandería e Agricultura, Noelia Otero asumirá Educación e Mocidade, Voluntariado e LGTBI, e finalmente, a ourensá Marina Ortega continuará á fronte de Política Social.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00