Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista leva ao Parlamento o “lamentable estado de abandono” da residencia de maiores de Oleiros

Silvia Longueira responsabiliza ao goberno galego da “inseguridade e insalubridade” dos usuarios do centro, que teñen que convivir con dependentes con problemas psiquiátricos diagnosticados sen persoal cualificado para ser atendidos

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Silvia Longueira, ven de anunciar unha serie de iniciativas parlamentarias sobre o “lamentable estado de abandono” da Residencia de Maiores de Oleiros. Longueira responsabiliza ao goberno galego da situación de “inseguridade e insalubridade” á que teñen sometidos aos 240 usuarios do centro atendidos por unha plantilla sobrecargada.

Alertou de que os maiores do centro están obrigados a convivir con dependentes con problemas psiquiátricos diagnosticados que permanecen ingresados nun centro que non ten persoal cualificado para atendelos, o que deriva nun alto índice de conflitividade.

Así o dixo logo de manter esta mesma semana un encontro con representantes dos traballadores do sindicato CUT, que están a denunciar a situación dunha residencia que no seu tempo foi un referente e hoxe dista moito de ofrecer un mínimo de calidade aos residentes. Estes teñen que soportar pingueiras e humidade nos teitos, grúas elevadoras avariadas, espazos forrados con mantas e restos de cornixa espallados por un xardín ao que os xabarís acoden con total normalidade.

Sinala a situación “insostible” do persoal da Residencia pola sobrecarga de traballo, ata o punto de que un só auxiliar de enfermaría ten que atender a 44 grandes dependentes durante a quenda de noite. Apunta que o persoal, dividido en 3 quendas, cada vez é máis reducido e vese obrigado a afrontar xornadas extenuantes e ofrecer un servizo moi deficitario aos residentes, malia o que a xestión do centro segue sen responder ás reclamacións dos traballadores e traballadoras.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57