Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que realice as reformas precisas para solventar todas as eivas e deficiencias detectadas na reforma do estadio de O Couto que se executou por case 2,6 millóns de euros

A parlamentaria Carmen Rodríguez Dacosta lembra que o PSdeG xa advertiu dos problemas que non se estaban a arranxar coa actuación levada a cabo e que esta non responde aos estándares de calidade desexables para a terceira cidade de Galicia

Logo de que se celebrase o primeiro partido no Estadio de O Couto, o domingo 7 de abril, despois das obras de remodelación integral executadas pola Xunta de Galicia, quedaron patentes as eivas que xa durante a intervención denunciaran as e os socialistas. A parlamentaria autonómica Carmen Rodríguez Dacosta presentou unha batería de iniciativas para levar á Cámara o debate sobre o estado das instalacións.

Dacosta reclámalle á Xunta que faga “as reformas precisas” para garantir que o estadio teña “as condicións necesarias e acordes á terceira cidade de Galicia. Indica que as bancadas precisan unha reforma estrutural e no edificio de oficinas e vestiarios carecen de luz e ventilación natural, e “despois de case 10 meses dende que se anunciaran as obras cun investimento de case 2,6 millóns de euros, comprobamos que son moitas as deficiencias que non se solucionaron”.

Neste senso, advirte de que as actuacións levadas a cabo supoñen un impedimento á hora de optar polo aforro enerxético ao ter que empregar constantemente luz artificial e carecer de ventás a zona na que se cambian os xogadores. Ademais, non ter ningún tipo de ventilación conleva tamén problemas de humidade.

Tamén se comprobou, despois do primeiro partido xogado, que a cuberta instalada detrás dunha das porterías non responde ás necesidades do deporte posto que recibiu o impacto de varios balóns que xa provocaron crocaduras na súa estrutura. “O valado metálico tampouco é o que contempla a lexislación que rexe a materia e por todo isto queremos que o goberno autonómico dea resposta ás actuacións levadas a cabo”, incidiu.

O único que se observa adecuado é o céspede, que si se atopa en perfectas condicións para a práctica do fútbol, e o descontento das afeccionadas e afeccionados foi xeneralizado. “As bancadas precisan dunha reforma integral para que o de Ourense se converta nun estadio acorde ao século XXI para a terceira cidade da Galicia”.

Apunta que “tanto a grada de tribuna, á que só se lle deu unha man de pintura e que ten a mesma cuberta dende hai décadas na que se poden observar fendas, como a grada de fondo e de preferencia non responden aos estándares de seguridade esixibles”.

Cabe destacar que despois da obra nin tan sequera se procedeu á limpeza destas zonas, estando os muros, o chan e os asentos cheos de po e restos de materiais das obras realizadas, segundo recolle o texto rexistrado para o seu debate no Parlamento.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57