Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista insta á Xunta a ampliar o prazo de desfrute de vacacións e asuntos propios na Administración de Xustiza para evitar a paralización de servizos

Paloma Castro solicita a prórroga do período de desfrute ata o 31 de maio para evitar “prexuízos” debido á concentración de solicitudes nas datas de Nadal

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Paloma Castro, vén de instar á Xunta a ampliar o prazo de desfrute de vacacións e asuntos propios dos traballadores e traballadoras da Administración de Xustiza para evitar a paralización de servizos durante o Nadal. Fíxoo a través da presentación dunha pregunta na Comisión de Xustiza do Parlamento.

Castro solicitou a prórroga do período de desfrute ata o 31 de maio de 2021 co obxectivo de evitar “prexuízos” debido á concentración de solicitudes de días libres por parte dos funcionarios e funcionarias durante as datas de Nadal.

“A acumulación de vacacións e permisos pode dar lugar a que a prestación de servizos en órganos e servizos xudiciais se vexa prexudicada”, aseverou. Así, a socialista incidiu en que este aspecto pode verse agravado “se todos os funcionarios collen vacacións ao mesmo tempo, xa que provocaría un maior atraso nas actuacións xudiciais, que xa están a sufrir unha gran conxestión dende o ano 2018”.

Por último, Castro recalcou que a Dirección Xeral de Xustiza “non pode ser allea á realidade que está a vivir a nosa comunidade”, xa que nesta segunda onda, as medidas de seguridade impostas pola covid “están a supoñer unha alteración do desenvolvemento no traballo habitual” da Administración de Xustiza.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28