Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero tende a man a Feijóo para rectificar os Orzamentos autonómicos e “construír unha folla de ruta para defender ás persoas”

O líder dos socialistas galegos pide a reelaboración dos Orzamentos da Xunta para encetar un novo proxecto expansivo que “fortaleza o Estado do Benestar, os servizos públicos e a reactivación económica e social na que ninguén quede atrás”

Os socialistas propoñen un fondo de axuda covid aos concellos de 100 millóns de euros extraordinarios, outros 100 millóns adicionais para sanidade, 80 para educación e 50 máis para políticas sociais

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, tendeulle hoxe a man a Feijóo para rectificar os orzamentos da Xunta para 2021 cun novo proxecto que saiba aproveitar os 1.100 millóns adicionais procedentes do Estado e da UE para “construír unha folla de ruta que defenda ás persoas”. Caballero presentou hoxe a emenda de devolución a unhas contas que “carecen de enfoque estratéxico e ambición” para superar a crise da covid.

O líder do PSdeG ofreceulle hoxe un acordo ao presidente da Xunta para reorientar as contas malia que “Feijóo non chamou, non teñen dialogado con ninguén nin ofrecido ningún gran acordo sobre o que edificar os Orzamentos e pensan utilizar o rodillo para establecer unhas políticas continuístas propias de períodos anteriores sen asumir nin entender a dificultade e a gravidade do momento que vivimos”.

Gonzalo Caballero sinalou que as contas da Xunta carecen de proxecto para a reactivación no momento en que tanto o Estado como a UE están a abrazar un esquema keynesiano para impulsar o consumo, o investimento público e a demanda como medida para afrontar a crise, así como para reforzar un modelo que protexa ás persoas que máis o necesitan. Propuxo por iso un novo enfoque que “fortaleza o Estado do Benestar, os servizos públicos e a reactivación económica e social na que ninguén quede atrás”.

Viu ao PP “perdido” e “nun mundo que non sabe xestionar”, xa que logo de 11 anos sendo o alumno avantaxado da austeridade “atopouse con 1.100 millóns de euros adicionais para construír os seus Orzamentos en 5 semanas, pero están sen rumbo nin prioridades”. O líder socialista sinalou que ante a falla de diálogo do PP, e por responsabilidade ante o risco da perda dunha oportunidade histórica-

Explicou que “o Grupo Socialista vese na posición de presentar así unha emenda á totalidade aos Orzamentos para darlle unha chamada de atención para que a Xunta non perda a oportunidade de aproveitar estes fondos extraordinarios”. Sinalou que “o PP ten a man tendida do PSdeG para reelabore as prioridades dos orzamentos e reconstruílos de acordo a un proxecto sólido para a reactivación do país”.

Axuda covid para os concellos

O portavoz do Grupo Socialista presentou ademais as liñas xerais da emenda transversal coa que os socialistas galegos solicitan a reorientación dos fondos do goberno galego para habilitar unha axuda covid extraordinaria de 100 millóns de euros a maiores para os concellos galegos. Caballero cualificou de “deslealdade histórica” que en plena pandemia os concellos vexan as súas partidas reducidas co sobreesforzo que teñen que afrontar tamén polas competencias impropias que lles asigna a Xunta.

Engadiu que “non pode ser” que o incremento nos Orzamentos  en canto a Sanidade ou Educación non sexa suficiente, pois medran considerablemente menos que a media dos orzamentos, o cal os afasta da prioridade necesaria no conxunto das contas públicas estatais e autonómicas. Por iso, os socialistas  reclamamos un ingreso adicional de 100 millóns de euros para Sanidade dirixidos, entre outras cousas, ao reforzo da atención primaria, 80 millóns a maiores para a mellora da educación pública e outros 50 para políticas sociais.

O Grupo socialista reclamou ademais incrementar os fondos para comercio, hostalería e turismo en 60 millóns de euros máis, así como diversas partidas para rectificar outras eivas “incomprensibles” dos Orzamentos da Xunta.

Así, diante do recorte no orzamento para Mocidade da Xunta, o PSdeG propón un incremento de 16 millóns de euros neste apartado, así como partidas para reverter a redución da partida para fixar poboación no rural, ou rectificar o compromiso “escaso” para Igualdade e “nulo” para Memoria Democrática.

Gonzalo Caballero explicou que os fondos para estas partidas deberan proceder da redución de gastos improdutivos da Administración autonómica, como o caso do persoal eventual de confianza ou gastos de propaganda.

Ademais propuxo recadar en torno a 200 millóns de euros máis procedentes de reverter a reforma do imposto de Patrimonio que “só favorece aos millonarios”, incrementando a progresividade na fiscalidade para as maiores rendas, eliminando as bonificacións extraordinarias a sectores como xogo ou cunha nova fiscalidade “verde”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38