Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que implante coa maior celeridade os centros de crise 24h para atención ás vítimas de violencia sexual

A deputada Noa Díaz acusa á Xunta de dar cabida nas institucións a quen “non só nega a violencia machista senón a quen a practica” aludindo ao pacto do PP onte coa extrema dereita na Comunidade Valenciana

A portavoz de igualdade do Grupo Socialista, Noa Díaz, emprazou hoxe ao goberno galego a crear os centros de atención integral ás vítimas de violencia sexual nas sete áreas sanitarias galegas tal e como ten comprometido “sen excepcións”. Díaz presentou unha pregunta no Pleno do Parlamento na que alertou da importancia de que este dispositivo se implante “con urxencia” en toda Galicia.

A representante socialista lembrou que a Xunta conta cun investimento de 6 millóns de euros financiados co Plan de Recuperación, que obrigan a implantalos nas catro provincias. Ademais, reclamou a implantación dun destes centros en cadansúa área sanitaria de Galicia, e preguntoulle á conselleira de Igualdade polos motivos para deixar A Coruña e Pontevedra – Salnés sen este recurso.

Os centros previstos actualmente pola Xunta, que se van a conformar en espazos hospitalarios para que as persoas da súa contorna próxima teñan atención psicolóxica e xurídica inmediata, estarán en Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense e Vigo. A deputada preguntoulle ao goberno galego en que se van investir os 4 millóns restantes da adxudicación do Estado para estes centros, xa que “as súas previsións son sete centros e xa só con 2 millóns van crear 5”.

Na súa intervención ante a Cámara galega, Noa Díaz sinalou que o Convenio de Istambul insta a tomar medidas necesarias para a protección de asistencia a todas as vítimas e a promover a creación de centros de axuda de emerxencia para as vítimas de violencias sexuais. A voceira socialista destacou que “unha problemática de tanta relevancia” debería estar cuberta en todo o territorio.

Explicou que as consellerías de Igualdade e Sanidade asinaron en febreiro un acordo de colaboración que non garante unha cobertura homoxénea en todo Galicia. “Resulta incomprensible”, dixo, que as áreas de Pontevedra e A Coruña queden sen estes recursos “fundamentais para asistir vítimas de violencia sexual”.

A parlamentaria instou a “actuar de urxencia” e implantar de maneira simultánea nas sete áreas sanitarias os centros de crise 24 horas de atención integral ás vítimas de violencia sexual. O Tribunal de Xustiza Galego alertou fai escasos días do aumento das infraccións penais por parte de menores en delitos de agresión sexual, engadiu.

Lembrou que no ano 2022 en Galicia xulgáronse dúas persoas á semana por delitos sexuais, Díaz alertou de que “un Goberno como o galego non pode permanecer como espectador pasivo”, e destacou a falta políticas de políticas de prevención neste senso. Instou á conselleira a “traballar en prevención” para frear este incremento exponencial de delitos sexuais no territorio.

Pacto coa extrema dereita

A deputada dirixiuse á Conselleira para lamentar que teña que despedise da súa carteira de igualdade coa vergoña do pacto que onte o PP rubricaba  coa extrema dereita na comunidade valenciana. Un pacto que, dixo, “premia nas institucións xa non a quen nega a violencia machista senón a quen a practica”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21