Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle a Rueda que dea conta no próximo Pleno do Parlamento da falla de resposta ás necesidades da sociedade en sanidade, educación e vivenda

Begoña Rodríguez Rumbo lamenta que o presidente da Xunta “non é capaz” de apartar a Baltar logo da “imaxe política deplorable” ao ser detectado superando amplamente o límite de velocidade

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, anunciou hoxe que o PSdeG centrará a sesión de control do próximo Pleno do Parlamento na falla de resposta do goberno galego diante das necesidades da sociedade galega diante da crise. Así o dixo logo da reunión da Xunta de Portavoces que fixou a orde do día do Pleno da próxima semana.

A responsable socialista reclamoulle ao presidente da Xunta que responda da falla de propostas para afrontar as dificultades económicas en sociais dos galegos e das galegas, sinaladamente en sanidade, vivenda ou educación. Lamentou a falla de “medidas concretas e reais” por parte do goberno galego, máis alá de “confrontar” co goberno do Estado, que está a despregar “o maior paraugas social para que todos saiamos o mellor posible sen que ninguén quede atrás”.

Os socialistas galegos presentarán no Pleno da próxima semana dúas interpelacións en concreto sobre a falla de bolsas para o estudantado e as eivas das políticas do goberno galego en materia de protección de menores en situación de risco e desamparo. En primeiro lugar, reclamaranlle á Xunta que se implique na política de reforzo das bolsas aos estudantes iniciada dende o goberno do Estado.

Por outra banda, alertou da falla de persoal para os equipos encargados de facer as valoracións dos menores en risco e desamparo, provocando a saturación do recurso e polo tanto serios problemas na atención a estas persoas vulnerables. O Grupo Socialista levará ao Pleno ademais unha interpelación adiada da anterior sesión para pedirlle á Xunta que permita a reversión a favor dos concellos da titularidade dos terreos de Portos que quedaron integrados nos núcleos urbanos.

Rodríguez Rumbo anunciou que os socialistas presentarán unha proposición non de Lei para esixirlle á Xunta que remate coa actualización da nova Estratexia da cultura galega, que mantén paralizada dende o ano 2017. Tamén incluirán unha proposta para reclamar un Plan de apoio ao comercio de proximidade, sinaladamente dirixido á mocidade, que poida ter unha alternativa para a saída social e económica “que nestes momentos non se está a dar”.

No apartado de preguntas orais, os socialistas esixiranlle ao goberno galego que dea conta da externalización do deseño da estratexia para abordar o desafío climático e ambiental de Sogama a través dun contrato de 1 millón de euros que ben podería ser desenvolto polos técnicos do ente. Finalmente, pedirán un Plan de conservación das estradas autonómicas logo de constatar que o goberno galego “non cumpre coas competencias propias coas que conta e que debe desenvolver”.

Baltar

A responsable socialista criticou hoxe que o presidente da Xunta “non é capaz de dar resposta” e apartar politicamente ao presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar. Criticou a “imaxe política deplorable” que está a ofrecer pola falla de resposta ao ser multado en dúas ocasións no mesmo traxecto mentres conducía o vehículo oficial da Deputación pola autovía e que “aínda no sabemos onde ía” .

Rodríguez Rumbo esixiu que “tomen medidas máis alá de dicir lo siento, me he equivocado, no volverá a ocurrir”, como no seu día fixera o Emérito. Replicoulle tamén neste sentido ao coordinador xeral do PP, que onte visitaba Galicia para dicir que Baltar é “reflexo da sociedade” e comete “os mesmos erros que cometen os cidadáns”.

A viceportavoz do Grupo Socialista negou que tódolos cidadáns sexan multados por circular a 173 e 215 quilómetros por hora no mesmo traxecto porque “non todos temos un vehículo oficial para ir a non sabemos onde” a toda velocidade, igual que “non todos herdamos unha Deputación Provincial para repartir recursos a dedo e como lle da a gana entre os concellos do PP”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04