Categorías: Actualidade

Zapatero respalda a Lara Méndez en Lugo: “é unha alcaldesa que se parece á súa cidade”

O ex presidente do goberno vaticina que Feijóo “vai volver para acá” cando sexa derrotado por Pedro Sánchez

Lara Méndez reivindica o legado de Orozco e sinala que “estamos cansos de anónimos, de xulgados e de malas praxes que só practican as malas persoas”

Lugo, 22 de maio de 2023. O expresidente do goberno José Luis Rodríguez Zapatero pediu hoxe o apoio ao proxecto de Lara Méndez, que dixo que é “unha alcaldesa que se parece a Lugo, que é como Lugo”. Na súa intervención, comparou o carácter de Méndez coa cidade, “amable, hospitalaria, culta, con historia e sensible porque quere coidar da súa natureza” e desenvolver un “proxecto de cidade sostible”.

Pediu o apoio ao proxecto da candidata socialista para consolidar “ese Lugo da transformación”, con proxecto “para crear empresas, atraer emprego” e unha sociedade “aberta e participativa. Subliñou que da man de Lara Méndez a cidade consolidará un “exemplo innovador do que supón a sostenibilidade” e unha cidade “hospitalaria” cun turismo “para a cultura”.

O ex presidente do goberno situou a Méndez á altura de “líderes do socialismo de primeiro nivel”, como o ex alcalde da cidade, José López Orozco, o ex presidente da Deputación e agora delegado do Goberno José Ramón Gómez Besteiro e o ex ministro José Blanco. Reivindicou o seu traballo “decente e honesto”, truncado pola “persecución inxusta, inmoral, anónima, dunha mano negra que pertence á historia da infamia da cidade”.

Lembrou así os procesos xudiciais abertos contra Orozco e contra Besteiro que se demostraron baleiros nunha manobra que “pesará sobre os que maquinaron e urdiron a non ser que teñan a valentía de pedir perdón”. Presentou aqueles feitos como mostra da “antipolítica” que representa o PP e dun Feijóo que, dixo, “non van gañar o 28M porque se lles coñece”.

Rodríguez Zapatero anticipou a “noticia, non sei se boa ou mala” de que “Feijóo vai volver para aquí” cando sexa derrotado por Pedro Sánchez, e reivindicou o “respecto” á democracia e á sociedade española diante da “utilización perversa dos tribunais”. Reclamou unha política baseada “no diálogo e non en intentar exasperar a un país, a unha Comunidade Autónoma”.

Zapatero dixo estas palabras nun mitin celebrado ante máis de 700 persoas na Praza de Santa María, no entorno da Catedral de Lugo, no que tamén se deron cita a actual alcaldesa e candidata á reelección, Lara Méndez, e o seu predecesor no cargo Xosé Clemente López Orozco, así como o secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, o secretario provincial do PSdeG en Lugo, José Tomé, e o Delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro.

Lara Méndez tivo unhas palabras de agradecemento ao “gran legado” que lles deixou Orozco e o seu goberno, destacando a “segunda gran transformación despois da primeira que fixo Pepe”. Esa “segunda transformación” que ten que “ser imparable e o será se seguimos no goberno”, declarou, para o que pediu “o último esforzo desta semana para saír ás rúas e explicar o seu proxecto e para quen traballamos, que é para a xente de Lugo”.

Fixo referencia á candidata do PP cando alegou que “hai que formar gobernos coa boa xente, porque aí tamén hai moita diferencia, e resaltou a importancia de “xente que poña por riba de todo as necesidades de todos os veciños e veciñas”. Méndez asegurou que cos “anónimos”, Candia fíxolle dano a todo Lugo e iso non se pode perdoar”. “Estamos xa cansos de anónimos, de xulgados e de malas praxes que só practican as malas persoas, e por iso precisamos proxectos de boas persoas”, alegou .

López Orozco agradeceu ao partido estar no acto con todos compañeiros e compañeiras “despois dunha longa noite de pedra”. A Zapatero definiuno como “un home de paz e un home que trouxo a paz”, ao tempo que reivindicou o labor da súa sucesora na alcaldía, de quen dixo que nunca se escoitou que “que non fora leal ao conxunto de Lugo”. Faloulle directamente a ela, á que dixo “ímosche dar a responsabilidade e imos estar contigo o 28 de maio, vas a contar con moito apoio dos lucense”.

Besteiro declarouse “emocionado” por ver a Praza de Santa María “abarrotada” e polas caras coñecidas “do pasado e do futuro”, entre as que se encontraba “o noso querido alcalde Orozco, xenio e figura”.  Reivindicouno como o rexedor que trouxo o “orgullo” a Lugo, e que levou a cabo a “transformación” para a cidade, sendo a actual alcaldesa, Lara Méndez, quen “colleu o seu testigo para facer a segunda transformación que precisaba Lugo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08