Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista acorda o reparto de áreas de traballo para a XII Lexislatura

Anuncia unha oposición firme e construtiva na defensa dos servizos públicos e o crecemento económico de Galicia

O Grupo Parlamentario acordou esta semana o reparto de áreas de traballo entre os seus integrantes para a XII Lexislatura que agora comeza. Tal e como sinalou o portavoz do Grupo Socialista, José Ramón Gómez Besteiro, o obxectivo é despregar unha oposición firme e construtiva na defensa dos servizos públicos de Galicia e co obxectivo de reivindicar e poñer en valor o traballo do Parlamento como Cámara de representación de tódolos galegos e galegas.

As parlamentarias e parlamentarios socialistas afrontan unha nova etapa centrada na presentación de propostas alternativas solventes ao goberno do PP pero mantendo o ánimo fiscalizador da actividade da Xunta de Galicia e na atención aos problemas reais dos galegos e das galegas. Os socialistas galegos anunciaron unha oposición en positivo, ademais de responsable e vixilante “para que a Xunta eleve o nivel” e afastada da liña “irresponsable e destrutiva” do PP en Madrid.

Gómez Besteiro sinalou esta mesma semana que o PSdeG traballará dende o primeiro momento na Cámara autonómica para acadar o crecemento económico de Galicia con máis emprego de calidade. O obxectivo é acadar máis dereitos para os galegos e galegas e a blindaxe duns servizos públicos -Sanidade, Educación ou Dependencia- de calidade como garantía para rematar coas diferenzas entre galegos de primeira e de segunda.

Os socialistas galegos comprométense a elevar a voz fronte a unha “mala xestión que poña en perigo o futuro de Galicia”, e que logo de 15 anos de gobernos do PP situaron a Galicia á cola dun Estado que está a medrar cinco veces máis que o entorno europeo.

O propio Besteiro trasladou a súa preocupación por un mercado laboral galego estancado mentres España crea 4 de cada 10 novos postos de traballo en Europa, cun sistema público lastrado por unha xestión que triplicou a débeda pública no sentido contrario ao seu descenso no conxunto do Estado.

Reparto por Áreas

Comisión 1ª  

Paloma Castro: Política Exterior, Emigración, Interior, Xustiza, Cooperación e Deportes

Patricia Iglesias: Calidade Democrática e Transparencia

Julio Abalde: Administración Pública e Administración Local

Comisión 2ª

Carlos López Font: Infraestruturas, Transporte, Ordenación do Territorio e Vivenda

Paloma Castro: Medio Ambiente

Comisión 3ª

Patricia Iglesias: Economía e Facenda

Elena Espinosa: Orzamentos

Comisión 4ª

Silvia Longueira: Cultura e Lingua

Julio Abalde: Educación e Universidades

Comisión 5ª

Elena Espinosa: Sanidade

Silvia Longueira: Política Social, Mocidade, Voluntariado e LGTBI

Carmen R. Dacosta: Emprego e Igualdade

Comisión 6ª

Patricia Iglesias: Industria e Enerxía

Lara Méndez: Comercio, Turismo e I+D+i

Comisión 7ª

Carmen Rodríguez Dacosta: Montes

Lara Méndez: Agricultura e Gandería

Comisión 8ª

Julio Abalde: Pesca

Marisqueo: Carlos López Font

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21