Categorías: Actualidade

O fracaso do Plan Move de Feijóo

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Luis Álvarez, lamentou hoxe o veto do PP a unha moción socialista para reclamarlle ao goberno galeo que presente a planificación das actuacións pendentes do Plan Move. Álvarez presentou a proposta no Pleno do Parlamento para reivindicar a execución do que fora a iniciativa estrela en materia de infraestruturas de Feijóo e que se revelou como “mero instrumento propagandístico”.

Álvarez revelou que a só dous anos de que remate o período de programación dos investimentos, o goberno galego só foi quen de executar o 29 por cento das actuacións previstas en 2010, logo de que xa reduciran as previsións iniciais en 621 millóns de euros. Advertiu que o dito Plan Move “quedará en nada” e por iso a Xunta “quere deixar ao Parlamento apantallado nun réxime opaco” ao negarse a “dicir a liña do goberno nunha cuestión estratéxica como as infraestruturas”.

O responsable socialista explicou que entre 2010 e 2018 a Xunta só foi quen de facer 163 quilómetros de vías de alta capacidade cando en realidade tiñan previstos 563. Neste sentido, sinalou que non hai “nada feito” do desdobramento da Vía de Altas Prestacións Brión – Noia, así como do cinturón oeste de Santiago, a VAC Tui – A Guardia, o desdobramento da VAP Nadela Sarria, ou a VAP Costa Norte, que a día de hoxe só conta co tramo Celeiro – Xove.

Acusou á Xunta de terse demostrado incapaz de aprobar o Plan Director de Estradas de Galicia, que segundo a Lei de Estradas debe ser tramitado e enviado ao Parlamento, e que resulta o instrumento fundamental para a execución das obras pendentes. A moción socialista incluía por iso a petición á Xunta para que cumprira co previsto na Lei e aprobara o dito Plan antes de xuño de 2019.

Herdanza

Luis Álvarez replicoulle hoxe aos argumentos do PP sobre a “suposta herdanza recibida” do goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño que a realidade é que Feijóo multiplicou por sete a débeda da Comunidade Autónoma, que aumentou en 6.400 millóns de euros. Por iso, explicou, o capítulo para o pago da débeda aumentou un 37 por cento nos últimos orzamentos do goberno galego.

Apelou ademais á “débeda histórica” que deixou o goberno de Rajoy no Estado cando deixou sen executar, en só tres anos, un total de 1.500 millóns de euros que tiña orzamentados para as infraestruturas de Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08