Categorías: Actualidade

Reparto “a dedo” de axudas para os concellos do rural

A responsable de Facenda e Política Local do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, lamentou hoxe que o PP decidira vetar a moción presentada para acabar co reparto “a dedo” de axudas para os concellos do rural. No debate no Pleno do Parlamento, criticou que rexeitaran a “man tendida” para aplicar criterios de “transparencia, xustiza e igualdade de oportunidades” no reparto de axudas.

A responsable socialista sinalaba ao Plan de Infraestruturas Rurais 18-19, co que Medio Rural repartiu 2,7 millóns de euros entre 65 concellos, 56 deles gobernados polo PP, co criterio obxectivo confesado polo propio director xeral de Desenvolvemento Rural, que en Comisión resumiu en “ti vai traendo, que nós imos metendo en función da Urxencia e Necesidade”. Para Rodríguez Rumbo é a evidencia de que o criterio real é “ter un goberno do PP”.

Por este motivo, explicou, en 2018 repiten como beneficiarios 22 concellos que xa recibiran as axudas en 2017, entre eles o Concello de Ourense, a única das sete cidades acredora das axudas, que por “casualidade”, dixo, é tamén a única das sete cidades galegas gobernada polo PP.

En resume, nos últimos dous anos o goberno galego repartiu un total de 22,5 millóns de euros “a dedo” entre concellos escollidos por criterios políticos. Ademais do Plan de Desenvolvemento Rural, citou así o Plan Hurbe, co que repartiron case 13 millóns para 62 concellos do PP dun total de 66 beneficiarios, ou as subvencións de Presidencia para mellora de infraestruturas e equipamentos, case 2,5 millóns de euros para 75 concellos, 59 deles do PP.

Finalmente, as subvencións para a creación ou mellora de infraestruturas e equipamentos nos concellos de Galicia da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio repartiu en 2018 case 4,4 millóns entre 19 concellos, 15 deles do PP.

Maquinaria electoral

Rodríguez Rumbo esixiulle ao goberno galego que “deixe de funcionar como unha maquinaria electoral ao servizo do PP” e conforme un plan que realmente sirva para mellorar as condicións de vida dos concellos, fixar poboación e dinamizar o rural. Do contrario, apuntou, “o goberno galego está desenvolvendo a Lexislatura do Esmorecemento do Rural”, desmentindo así os eslogans utilizados polo propio Feijóo, cando fala da Lexislatura do Rural.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18