Categorías: Actualidade

Compracencia de Feijóo coa precariedade laboral

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, lamentou hoxe que o presidente da Xunta “se teña amosado satisfeito” coa alta precariedade laboral rexistrada en Galicia ata o punto de rexeitar a suba do Salario Mínimo Interprofesional anunciada polo goberno de España. Así o dixo na sesión de control ao presidente, que hoxe centrou no escaso esforzo da Xunta por mellorar o mercado laboral.

Explicou que o 90 por cento dos contratos asinados no último ano son temporais, e que dende o comezo da recuperación económica o emprego temporal teña medrado o tripla que o indefinido, e que 1 de cada 2 empregos asinados dende 2014 sexan temporais. A situación leva a que por debaixo dos 30 anos “todo o emprego creado na recuperación é temporal” co que “están condenando a toda a mocidade a encadear contratos temporais inestables nin salarios suficientes”.

Fernández Leiceaga denunciou a pasividade do goberno galego, que evita aplicar os mecanismos dos que dispón mentres “todo o emprego creado no ámbito público dende 2014 –e un pouco máis- é tamén temporal”. Resumiu que en Galicia “temos creado pouco emprego, o que creamos non cumpre coas condicións de estabilidade e suficiencia salarial, co que condena o presente da mocidade mellor formada da nosa historia e sacrifica o seu futuro”.

Acusou ao presidente da Xunta de “non estar á altura das súas responsabilidades”, xa que “en lugar de corrixir, a grava a tendencia indo aínda máis alá que o sector privado”, e urxiu un “cambio urxente dentro da administración”. O portavoz socialista trasladou a súa preocupación pola precariedade da mocidade ao tempo que amosou a súa sorpresa por ver a un presidente da Xunta “tan feliz” con esta realidade.

Explicou así que as estatísticas revelan que actualmente hai entre 6.000 e 6.500 interinos na sanidade pública, o que “de ser correctas indican unha temporalidade por riba do 25 por cento”, unha porcentaxe que no ensino público chega ao 15 por cento fronte ao 5 por cento do que “presume” o goberno galego.

Un goberno, dixo, que o único que fai é presentar unhas ofertas de emprego “insuficientes” que corresponden ás xubilacións ou son absorbidas pola promoción interna. Sinalou que dos 2.000 postos da Oferta Pública de Emprego de ensino 1.300 corresponden á cobertura de xubilacións, e dos 700 restantes tan só 300 corresponden a empregos precarios que son convertidos en fixos pola administración autonómica, un “ritmo absolutamente insuficiente”.

Mecanismos

Fernández Leiceaga urxiu ao goberno galego a poñer en marcha os mecanismos dos que dispón para impulsar a estabilidade laboral, sinalando por exemplo á inclusión de cláusulas sociais na contratación de obras e servizos públicos, introducindo obrigas de melloras sociais e condicións laborais nas empresas adxudicatarias. Reclamoulle a Feijóo que explique “que fixo coa Iniciativa de Garantía Xuvenil xestionada pola Xunta con fondos comunitarios e que foi un fracaso rotundo”.

Reivindicou a implicación do goberno galego para colaborar coa aplicación en Galicia do plan de choque para a creación de emprego xuvenil impulsado polo goberno central, e que respalde a suba do Salario Mínimo Interprofesional, dirixido a mellorar a situación dos mozos e mozas e que foi rexeitado hoxe por Feijóo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41