Categorías: Actualidade

Acordo parlamentario en defensa de Alcoa

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista en apoio da proposta para a continuidade das plantas de Alcoa en Avilés e A Coruña que presentou o Comité de Empresa. O deputado socialista Juan Díaz Villoslada foi o encargado de defender esta proposta dirixida a salvar os centros de produción e frear o anuncio de ERE extintivo por parte da empresa.

Chamou a seguir coa posición unánime dos poderes públicos para garantir o futuro das plantas, que dan emprego a 369 persoas en A Coruña e 317 en Avilés, e “acadar unha posición común, non partidista, un verdadeiro pacto polo noso sector industrial”. Sinalou neste sentido que “salvar a planta de aluminio na Coruña, buscando as alternativas máis solventes, suporá salvar gran parte do seu tecido industrial, e fracasar suporá unha ferida difícil de curar”.

Lembrou que a factoría coruñesa é “rendible en termos de produtividade laboral e de estándares de produción” se ben “non o é en prezos da enerxía que precisa, que supón entre o 40 e o 45 por cento dos seus custes de produción, pero este non é o argumento central do ERE anunciado pola multinacional”. Explicou que a pesares de que ten declarado 36 millóns de perdas por custes extraordinarios o certo é que a empresa gaña diñeiro en España a partir da alúmina.

Explicou que, logo da privatización de Inespal polo goberno de Aznar en 1998, nosdoce anos seguintes, ata 2010, Alcoa gañou 1.895 millóns de euros, multiplicando por cinco os 383 millóns que pagara por Inespal. En 2012, ante a súa ameaza de pechar as factorías de España, o goberno puxo en marcha o mecanismo de “interrumpibilidade” para os grandes consumidores de enerxía, que ten suposto unha inxección de 1.000 millóns para a empresa a cargo de fondos públicos.

Díaz Villoslada apostou por modificar a regulación do sistema eléctrico e desvincular a subasta marxinalista para fontes de produción de enerxía que xa teñen amortizadas as súas plantas e “acabar coa práctica habitual de dar incentivos públicos sen ningún tipo de garantía de estabilidade e compromiso de permanencia no territorio”.

Mentres, instou a “facer un esforzo entre todos para acadar os investimentos para a renovación necesaria das plantas de A Coruña e Avilés” pola vía de facelas “tan competitivas como a planta de San Cibrán”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia apoia a proposta para a continuidade das plantas de aluminio primario que Alcoa ten en Avilés e A Coruña, presentada polo Comité de Empresa de Alcoa Inespal Coruña, S.L., o pasado 30 de outubro de 2018, perante a Delegación do Goberno en Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04