Categorías: Actualidade

Noelia Otero acusa á Xunta de converter a Lei LGTBI galega en “papel mollado”

A parlamentaria socialista Noelia Otero acusou hoxe á Xunta de converter en “papel mollado” a Lei de Igualdade de Trato e non Discriminación de LGTBI de Galicia. Otero levou hoxe a Comisión parlamentaria unha pregunta oral na que denunciou o desinterese do goberno galego polas políticas de Igualdade comprendidas na dita Lei, impulsada polo Grupo Socialista e aprobada en 2014.

A parlamentaria socialista responsabilizou ao goberno galego de ter malogrado a maior parte das iniciativas previstas na dita Lei, sinaladamente en materia de formación das forzas e corpos de seguridade, na administración ou nas campañas informativas. Urxiu a “desenvolver unha Lei que na actualidade non vale máis que para recorrer á Valedoría do Pobo, porque non hai sancións e non hai unha aplicación na práctica das súas disposicións”.

Neste sentido, puxo ao Observatorio Galego contra a Discriminación por Orientación Sexual e Identidade de Xénero como mostra do desleixo do goberno galego. Este órgano, impulsado en 2018, segue sen ter rexistrado actividade propia tres anos despois, máis alá dunha xuntanza para escoller presidencia e vicepresidencia cando debera fomentar accións de normalización e visibilización do colectivo LGTBI a través de actividades educativas, sociais e culturais.

Otero reclamoulle ao goberno galego que amplíe as funcións e actividades do dito Observatorio, ademais de cumprir coas disposicións da Lei LGTBI formando ao persoal da Administración en materia de dereitos e liberdades das persoas LGTBI, actualizando as guías de linguaxe inclusiva ou complementando a formación de persoal docente, sanitario e traballadores e traballadoras sociais.

Reclamou o impulso de programas de visibilidade do colectivo LGTBI no rural, ou á formación específica das direccións e persoal das residencias de maiores para que as persoas LGTBI poidan vivir en normalidade a súa orientación sexual ou identidade de xénero.

Regresión

A responsable socialista alertou do proceso de regresión “tanto no discurso como nas actitudes e o intento de inxerencia dalgúns grupos políticos, que pretenden conculcar os dereitos acadados enarborando a bandeira da liberdade”. Sinalou que 15 anos despois de ter aprobado o dereito ao matrimonio igualitario, por iniciativa do presidente Zapatero, “vemos que a normalidade da diversidade sexual e de xénero precisa aínda de compromiso e de traballo”.

Aludiu así aos casos rexistrados nas últimas horas, coma a agresión homófoba a un matrimonio na cidade da Coruña na madrugada do domingo pasado, ou as pintadas ofensivas na vivenda dunha familia que colgara unha bandeira arco da vella dunha das xanelas o pasado venres en Cabo de Cruz.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18