Categorías: Actualidade

Paloma Castro urxe á Xunta que reforce os recursos da Administración de Xustiza en Galicia

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Paloma Castro, reclamoulle á Xunta o reforzo dos recursos a disposición da Administración de Xustiza en Galicia, que é responsabilidade do goberno galego, para evitar o colapso xudicial derivado dunha pandemia que colleu aos xulgados recuperándose da folga de 2018. Castro presentou hoxe unha pregunta en Comisión parlamentaria para reclamar 12 novas unidades xudiciais, incluíndo 2 xulgados de Primeira Instancia para Vigo.

A responsable socialista advertiu de que a xustiza é actualmente “o embude onde acaban confluíndo moitos dos problemas da sociedade”, e que está a rexistrar un incremento progresivo de actividade dende o ano 2019, incrementado pola crise derivada da pandemia. Actualmente os xulgados están “en vermello”, pechando o primeiro semestre do ano con 167.000 asuntos pendentes nos xulgados galegos.

Castro lembrou que a recuperación logo da folga de 2018 estaba a resultar “máis lenta do desexado”, e que coa chegada da tensión derivada da pandemia e a crise posterior sitúa á Xustiza nunha situación difícil, con perigo de ter que afrontar “consecuencias terribles, producindo un colapso e unha dilación excesiva na tramitación de procedementos xudiciais”. Así o dixo antes de recoñecer o esforzo titánico do persoal de xustiza, os “grandes esquecidos”, durante a pandemia.

O propio TSXG ten recoñecido esta situación, cando en xuño deste ano reclamaba 12 unidades xudiciais que estimaban “esenciais” para evitar saturacións, polo que solicitaban 8 novos xulgados e 4 prazas de maxistrado.

Xustiza en Vigo

O presidente do TSXG escoitaba, nunha recente xuntanza celebrada en Vigo, as demandas dos xuíces de primeira instancia urxindo o reforzo dos seus recursos pola sobrecarga de litixios, reclamando salas de reforzo e recursos e medios dixitais. O partido xudicial de Vigo, integrado polos concellos de Vigo, Baiona, Gondomar e Nigrán, conta con 11 tribunais de 1ª instancia, 3 de Familia e un específico de forma temporal para cláusulas solo e preitos hipotecarios.

Este partido xudicial está a rexistrar un incremento progresivo da actividade dende o ano 2019, rematando 2020 con algo máis de 17.000 procedementos rexistrados, e os asuntos sen resolver elévanse aos 21.300 neste momento, 12.000 deles en xulgados civís. O Grupo Socialista respalda así a demanda dos xuíces, que piden 2 novos xulgados de Primeira Instancia para Vigo.

Paloma Castro reclamoulle á Xunta que reforce os recursos para a administración de Xustiza en Galicia, garantindo que “a Xustiza estea á altura da cidadanía e ao servizo do Estado de Dereito” porque, subliñou, “a Xustiza é clave na recuperación do país”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18