Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena alerta de que Feijóo ten levado a Galicia dende a segunda ata a posición 14 do Estado do índice de calidade de goberno da UE

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, acusou hoxe a Feijóo de ter deteriorado “en picado” a calidade de goberno de Galicia durante a súa etapa. De acordo co índice de calidade de goberno da Universidade de Gotemburgo, financiado pola Comisión Europea, Galicia pasou do segundo lugar en 2010 a ocupar o posto 14 das 17 comunidades autónomas no informe de 2021, “moi por debaixo da media estatal”.

O responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión para urxirlle á Xunta que “mellore unha administración que con demasiada frecuencia entorpece en lugar de dinamizar”, e reivindicou a posta en marcha de “mecanismos básicos de control e institucións independentes, que son elementos básicos para definir unha democracia como tal, e non algo meramente formal como sucede en Rusia”.

Considera “inconcibible que o sector público autonómico non teña un control da xestión nin remotamente parecido ao que teñen as organizacións privadas, que miden custes e resultados e lles permiten avaliar alternativas e definir estratexias”. Denunciou que a Xunta “carece de estratexia máis alá de ir tirando cara ás próximas eleccións e producir propaganda a niveis industriais a costa de cartos públicos”.

Arangüena presentou hoxe este informe que “pon negro sobre branco algo evidente como que a administración autonómica é francamente mellorable”, e criticou que o goberno galego estea “facendo o sueco” e cuestionando un informe financiado pola Comisión Europea. Lamentou que “non lles preocupa o máis mínimo que Galicia pasara de ser a segunda a estar entre as últimas comunidades autónomas no principal índice de calidade de goberno da UE.

Lembrou que a Xunta incumpre a Lei de Transparencia galega, que lle esixe a publicación dun informe sobre o grao de cumprimento dos acordos aprobados no Parlamento que está inédito dende 2017. A Lei de Transparencia do Estado esixe ademais a publicación de datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario de contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos, pero a día de hoxe “non figuran os datos sobre contratos de 2019 e 2020”.

Tampouco compren coa Lei de Procedemento Administrativo, que esixe que as administracións publiquen anualmente un plan normativo que conterá as iniciativas legais ou regulamentarias previstas para o ano seguinte. Sinalou que a Xunta “non publicou absolutamente nada en 2019 e 2020, probablemente polo seu escaso grao de cumprimento”.

Fondos Next Generation

O responsable socialista alertou da falla de calidade cando Galicia comeza a chegada dos fondos Next Generation EU, que están “condicionados e limitados a examinar a calidade de execución dos proxectos”. Pola contra, dixo, “cando teñen que xestionar millóns de euros de recuperación crean unha sociedade público privada con Abanca ou Naturgy na que a Xunta nin sequera ten a maioría para xestionar os fondos públicos da UE”.

Lembrou que “teñen o Igape como organismo con competencias para promover proxectos estratéxicos para Galicia”, así como unha Vicepresidencia económica que “acaba de sacar un concurso de 4 millóns de euros que non é para crear novas empresas nin para axudar aos autónomos galegos, senón para propaganda”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04