Categorías: Actualidade

Noa Díaz sinala á Consellería de Cultura como “únicos responsables do fracaso” da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, sinalou hoxe á Consellería de Cultura como “únicos responsables do fracaso” da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade. A responsable socialista presentou unha interpelación non Pleno do Parlamento na que sinalou que a retirada da candidatura “é a mostra da incapacidade do goberno de Feijóo para redactar un proxecto o suficientemente solvente”.

Díaz sinalou que “os 25 anos dende que a candidatura entrou na Lista Indicativa era tempo de abondo para ter artellado un proxecto sólido e ben conceptualizado”, ao contrario do proxecto defendido polo goberno galego, elaborado á marxe do tecido socioeconómico e político e que foi vapuleado polo Icomos, que presentou un informe “demoledor” contra o proxecto da Xunta.

A responsable socialista lembrou o compromiso do conselleiro de “corrixir, encauzar e axustar o proxecto” a partir de setembro “en colaboración total e coa complicidade dos axentes do territorio” e con encontros científicos e divulgativos para acadar unha “maior involucración da cidadanía”, recoñecendo “de facto”, puntualizou Díaz, que “ata agora non foi así”.

Advertiulle ao conselleiro que “non enganen” porque “será complicado, cando non imposible, que poidamos presentarnos nun ou dous anos”. Explicou que o aprazamento “vai para longo porque haberá presións doutras candidaturas españolas”, cando o goberno “ten 27 candidaturas máis agardando” e preguntou “que vai pasar coas outras tres candidaturas galegas”.

Sinalou que “como vai estar ben artellado se as xentes da zona, os concellos, o tecido cultural, económico e mesmo as deputacións non teñen nin idea do proxecto”. Explicou que a Xunta presentou unha candidatura na categoría de paisaxe cultural, pero baseada na súa espiritualidade, baseada nunhas igrexas e mosteiros que xa non teñen vida relixiosa, mentres “non puxeron en marcha ningún plan para protexer a zona e moito menos desenvolvela”.

Plan Ribeira Sacra

Puntualizou que “para asegurarnos o éxito son precisos plans estratéxicos de desenvolvemento socioeconómico, cultural e turístico, acorde cuns estándares de calidade e sustentabilidade”, e lembrou que “non chega con presentarnos nun momento a un premio”. Reclamoulle ao goberno galego que elabore un Plan Ribeira Sacra real, e “déixense de entelequias e de subestimar a intelixencia deste Grupo Parlamentario e sobre todo das institucións e da sociedade civil”.

Reclamou coñecer un Plan que supostamente suporía un investimento de 34 millóns de euros que na realidade “non existe sobre o papel”, máis alá de sumar accións que xa existían. Acusou á Xunta de coller a iniciativa da Deputación de Lugo para “sacar a foto e ofrecer brindes ao sol, plans rimbombantes, soños en forma de Next Generation e un proxecto que fai auga por todas partes” cunha “implicación nula” do goberno galego.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28