Categorías: Actualidade

Juan Carlos Francisco reclama “o arquivo do expediente político” contra o xefe de Xinecoloxía do Hospital de Verín que impón unha sanción “inxusta e improcedente”

O parlamentario socialista Juan Carlos Francisco vén de reclamar hoxe o “arquivo do expediente político” aberto polo Sergas contra o xefe de Xinecoloxía do Hospital de Verín que logrou manter aberto o Paridoiro. O responsable socialista presentou unha pregunta oral no Parlamento na que sinalou que a retirada da sanción é “a única saída razoable, xusta e ponderada” contra unha medida “absolutamente inxusta e improcedente”.

O responsable socialista denuncia un “axuste de contas” contra un profesional de quen “non se pode deducir outra infracción que a defensa da sanidade publica, dos servizos públicos e do mantemento do paridoiro de Verín”. Denunciou a “represalia política” aberta contra un profesional da sanidade pública recorrendo ademais a “un desprezo á razón xurídica” empregando “un feito absolutamente inocuo que para nada se axusta ao expediente disciplinario incoado”.

Francisco acusa ao goberno galego de imputar unha falta grave –que podía derivar nunha suspensión de 2 anos- que en cambio conclúen cunha sanción leve de tan só dous días “para manter aberto o expediente, porque se lle imputaran unha falta leve o expediente estaría prescrito”.

Explica que a sanción deriva supostamente de ter contravido unha orde da pediatra chegada de Ourense sobre o traslado dun bebé cando o informe do Sergas recoñece que se trataba dunha discusión entendible e un feito que se da con maior ou menor frecuencia. Esta “hipotética desconsideración”, en realidade “nin está probada, nin atende á realidade dos feitos, conculca a presunción de inocencia e non atende á testemuña da matrona presente naquel momento”.

Dimisión do conselleiro

O responsable socialista amosoulle hoxe ao conselleiro de Sanidade dúas posibles vías: o peche inmediato do expediente ou agardar a que se pronuncie a Xustiza diante do recurso que presente o xefe de Xinecoloxía. Neste segundo caso, advertiu, “non elixa a quen cesar cando a Xustiza se pronuncie contra este expediente, porque dende o Grupo Socialista imos pedir a súa dimisión inmediata”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24