Categorías: Actualidade

Noa Díaz reclama un “cambio de paradigma” na xestión do patrimonio de Galicia logo dunha década de “política errática” do goberno galego

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, urxiu hoxe ao conselleiro de Cultura a iniciar un “cambio de paradigma no modelo de gobernanza e xestión do patrimonio” de Galicia. Díaz presentou unha interpelación no Pleno do Parlamento na que defendeu as conclusións do Foro Patrimonio e Sociedade organizado polo Consello da Cultura Galega no que sinalaba a “política errática” da Xunta nesta materia.

A responsable socialista avogou por “redefinir a política de xestión do patrimonio actual en Galicia” e instou ao goberno galego a asumir as propostas dos axentes independentes para “cambiar os lentes e adecuarse a unha nova situación que demanda maior participación e modernizar a visión que teñen sobre o patrimonio”. Reivindicou a mellora da xestión actual do patrimonio cultural de Galicia cun incremento dos recursos económicos, técnicos e humanos”.

Noa Díaz reclamou “revisar a concepción actual que existe sobre a xestión do patrimonio e actualizala con políticas efectivas que protexan e poñan en valor o noso inxente patrimonio cultural”. Advertiu de que “de non facelo, serán responsables dun dano irreparable sobre o patrimonio arqueolóxico, artístico, cultural, histórico e ambiental de Galicia, algo que noutros países sería impensable”.

A parlamentaria socialista lamentou o “medo a asumir a competencia” sobre a xestión do patrimonio que está a amosar o goberno galego, e replicou as propostas par a mellora da xestión patrimonial de Galicia presentadas polo Consello da Cultura Galega. Propuxo neste sentido un novo modelo de gobernanza e xestión “que vaia do punitivo á corresponsabilidade”, e unha concepción do patrimonio “como un recurso económico sustentable”.

Puxo o acento sobre a necesaria transversalidade da cuestión patrimonial á hora de lexislar ou implementar políticas que lle afectan, a participación social no deseño destas política, a concepción do patrimonio de forma global, así como a incorporación da educación patrimonial no ensino e un maior financiamento. Mentres, dixo, Galicia segue a rexerse por unha Lei do Patrimonio Cultural “máis reactiva que proactiva”.

Comisión de Patrimonio

Noa Díaz propuxo ademais a creación dunha Comisión de Patrimonio no seo do Parlamento de Galicia, tal e como propón ademais o CCG, e unha comisión interdepartamental no seo da Xunta como instrumento para a coordinación intersinstitucional.  Tamén respaldou a proposta de crear un Observatorio do Patrimonio que incorpore persoal experto e independente, ao igual que xa existe noutros ámbitos de actuación.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02