Categorías: Actualidade

Marina Ortega propón un Plan Galego transversal e multisectorial de prevención do suicidio

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, presentou unha proposición non de Lei no Pleno do Parlamento celebrado hoxe na que presentou un Plan Galego transversal e multisectorial para a prevención do suicidio, cos recursos humanos e materiais necesarios para executalo. Ortega presentou esta iniciativa fronte á “pandemia oculta” do suicidio, que será votada mañá mércores.

Advertiu de que Galicia é a segunda Comunidade Autónoma en número de falecementos recoñecidos por este fenómeno en todo o Estado, que triplican ás mortes por accidente de tráfico, con 307 falecidos só en 2020, practicamente un ao día. Estas cifras superan case que duplican as cifras recollidas a nivel estatal, se ben, de acordo cos expertos, os datos reais poderían chegar a triplicar as cifras rexistradas, ao estar camufladas como accidentes.

Marina Ortega chamou a prever a incidencia da pandemia nun aumento previsto destas taxas, tal e como vaticinan os especialistas, “ao igual que primeiro ven o terremoto e despois o tsunami” dun problema que o Plan Galego de Saúde Mental deixou a un lado. Reclamou “resarcir e reverter a falla de recursos por parte do goberno galego, lo de que o dito Plan, aprobado hai un ano, “non tivera o impulso que se precisa en Galicia”.

Salientou a importancia fundamental da saúde mental no caso deste fenómeno, por canto “o 90 por cento dos suicidios consumados tiñan diagnosticado un trastorno mental”, se ben estas doenzas teñen que soportar un “estigma social” e un manto de silencio que prexudica o seu tratamento. Explicou que “se acudimos con síntomas dun cancro, de diabetes ou de esclerose temos un tratamento durante a enfermidade, pero cun trastorno mental con ideación suicida non”.

A parlamentaria socialista chamou hoxe a afrontar este problema de fronte xa que, alertou, “do que non se fala, non existe, o que non existe non se afronta, e o que non se afronta non se soluciona”.

Xuventude

A parlamentaria socialista alertou ademais de que no último ano “os intentos de suicidio entre a xuventude disparáronse” e reclamou “unha estratexia específica para este sector da poboación tan vulnerable”, que permita “blindar á nosa xuventude con programas de fácil acceso específicos de prevención e tratamento adaptados para estas idades”.

En definitiva, resumiu, “queremos propoñer que, ademais dun Plan Galego potente de prevención do suicidio con carácter multisectorial, é preciso un informe anual que inclúa datos de suicidios consumados, así como de tentativas”. Sinalou que “temos que nutrir de información aos axentes implicados nesta cuestión, xa que a visión do problema nunca será real se non incluímos as tentativas de suicido, que son un factor predictor fundamental na prevención”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06