Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Noa Díaz lamenta que o PP lle siga “dando as costas” ás persoas maiores de Boiro co seu veto a unha residencia para o municipio

A deputada do PSdeG denuncia que o Partido Popular antepón os seus intereses políticos aos da cidadanía de Boiro, “que xa está moi farta do abandono ao que está sometida por parte da Xunta”

A deputada socialista Noa Díaz lamentou hoxe a negativa do PP a apoiar a proposta socialista para reclamarlle á Xunta a construción dunha residencia pública para maiores no concello de Boiro. Díaz considera que co seu voto en contra a esta proposta, o Partido Popular demostra que lle está dando as costas a unha demanda histórica da veciñanza e unha necesidade prioritaria para o municipio.

Neste senso, a parlamentaria socialista lembrou que Boiro é o segundo concello máis poboado da comarca do Barbanza, con preto de 19.000 habitantes, dos cales un 22% é maior de 64 anos. Con todo, este municipio “carece de servizos públicos de atención integral e continuada para as persoas maiores”. “Pensa o Grupo Popular”, preguntou, “que nun concello como o de Boiro -con máis de 4.000 persoas maiores- son suficientes 40 prazas no centro de día, 6 bonos para residencias e o Servizo de Axuda no Fogar?”

Para paliar esta eiva, o propio Concello de Boiro decidiu poñer a disposición da Xunta os terreos necesarios e mesmo o proxecto. Porén, Noa Díaz denunciou que, dende que se suscitou esta ofrecemento, a Consellería de Política Social non deu ningunha resposta, malia os reiterados convites do goberno local para coñecer in situ eses terreos.

O que si fixo o goberno galego, por contra, foi asinar un acordo para investir 10 millóns de euros para a construción dunha residencia pública no concello de Ribeira, gobernado polo PP. Noa Díaz expresou as súas dúbidas de que sexa “oportuno, prudente ou pertinente” que se invista esa cantidade nunha única infraestrutura no canto de aproveitalos tamén para a demandada de Boiro”.

A deputada socialista lembrou, ademais, que esas demandas se amparan nas máis de tres mil sinaturas recollidas por unha plataforma local e que “claman por recursos públicos porque saben mellor que ninguén que coas súas cativas pensións non son nin serán quen de acadar unha praza nunha residencia privada”.

A maiores, Noa Díaz lembrou que en Boiro “xa perderon hai anos un hospital comarcal por cuestións políticas e agora a súa veciñanza ve tamén como marchan as posibilidades dunha residencia pública”. “Non é xusto”, proclamou a deputada socialista, “gobernar por intereses políticos. O xusto é facelo polos intereses da cidadanía, e a boirense está moi farta do abandono ao que está sometida por parte do Goberno autonómico”.

De maneira xeral, Noa Díaz alertou de que a comarca do Barbanza está moi lonxe da recomendación da OMS de cubrir con prazas de residencias ao 5 por cento da poboación. En toda a zona só hai 154 prazas, repartidas nas residencia de Ribeira e A Pobra, o que supón “un panorama desolador para as persoas maiores do Barbanza e das súas familias”.

Para concluír, Noa Díaz reiterou a aposta do PSdeG por centros residenciais nas contornas próximas, para que as persoas maiores non teñan que marchar lonxe “e facilitarlles así o seu benestar”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28