Categorías: Actualidade

Noa Díaz reclámalle á xunta que reforce os recursos contra a violencia machista

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de reclamarlle á Xunta un reforzo nos recursos autonómicos destinados á loita contra a violencia machista. Díaz reclamou incrementar o financiamento aportado polo goberno galego “a maiores do percibido polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero” e a modificar a actuación institucional para mellorar o traballo orientado á prevención destes casos.

A parlamentaria socialista reclamoulle ao goberno galego que promova a cobertura do cen por cen do territorio galego con recursos dirixidos a mulleres vítimas de violencia machista, incluíndo garantir un acceso viable aos Centros de Información á Muller –CIM- para toda a poboación. Apostou por evolucionar estes CIM para “garantir que sexan centros de asesoramento reais para as mulleres”.

Do contrario, alertou, “haberá que pensar en recursos novos para que as mulleres de núcleos pequenos ou do rural poidan eludir expoñerse nestes centros”, logo das experiencias en zonas rurais, onde a escasa intimidade vólvese na contra destes servizos.

Falla de información

Criticou o escurantismo do goberno galego á hora de xestionar as partidas que recibe Galicia derivados do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Reivindicou a posta en marcha de mecanismos de control que permitan coñecer o nivel de execución do Pacto de Estado en Galicia e que a Xunta faga público “en que invisten os recursos” para que “poidamos coñecer da efectividade destas partidas”.

Ademais do incremento de orzamentos, chamou a atención sobre a necesidade de traballar na prevención a tódolos niveis, que a día de hoxe demóstrase como a “maior eiva” na loita contra a violencia machista. Sinalou a importancia fundamental dunha formación acaída dos profesionais públicos e o aumento dos recursos destinados a políticas preventivas que permitan cortar de raíz estes casos, “antes de que se produzan e de que teñamos que lamentar danos irreparables”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18