Categorías: Actualidade

Noa Díaz esixe responsabilidades a CRTVG tras ser condenada pola xustiza por vulnerar os dereitos fundamentais dun traballador por participar nas mobilizacións Venres Negros

Cualifica a sentencia como “o triunfo da loita contra a manipulación informativa” no ente público e censura as represalias contra un redactor por reclamar pluralidade e imparcialidade informativa nos medios públicos galegos

A deputada socialista Noa Díaz esixiu hoxe, na Cámara galega, responsabilidades ao director xeral da CRTVG despois de que o ente fose condenado pola Xustiza por vulnerar os dereitos fundamentais dun traballador por participar nas mobilizacións Venres Negros.

“Esta sentencia é o triunfo da loita contra a manipulación informativa” no ente público, sinalou a socialista logo de censurar as “represalias” da corporación contra un redactor por esixir pluralidade e imparcialidade informativa nos medios públicos e, tal e como detalla a sentencia, por vulnerar a súa liberdade de expresión.

“Isto pon de manifesto o que moitas traballadoras e traballadores veñen denunciando dende hai anos”, lamentou a socialista quen incidiu en que “esta barbaridade debería ter consecuencias unha vez que foi probado”, xa que é “un contrasentido” que nun medio público se tomen “represalias” contra un traballador “por exercer a súa liberdade de expresión”.

Neste sentido, Díaz criticou as “políticas de manipulación informativa, que vostedes non paran de negar”, pero agora “unha sentencia dálle a razón a un traballador e condena a CRTVG a abonar os salarios de tramitación e a indemnizalo por danos e prexuízos por vulneración dos dereitos fundamentais”.

“Todo o noso apoio, dende o Grupo Socialista, a Carlos Jiménez, así como o noso agradecemento pola incansable loita na defensa da pluralidade e da imparcialidade informativa” dos medios públicos galegos, subliñou a dirixente socialista que fixo extensible o apoio ao colectivo Defende a Galega.

Por último, Díaz lamentou que as traballadoras e traballadores da CRTVG teñan que recorrer “continuamente” aos xulgados para “garantir” os seus dereitos fundamentais e urxiu á Dirección a que trasladade unha desculpa ao traballador represaliado, xa que “a reparación total da súa honra chegará só cando cheguen os ceses ou se asuman responsabilidades duns feitos tan graves”.

“A súa pasividade fronte a estes feitos non só é abraiante senón que case é ferinte”, concluíu a socialista quen pediu á Dirección que “deixe as escusas” e poña en marcha “todas as medidas para que estas situacións non se repitan”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28