Categorías: Actualidade

Julio Torrado reclama recuperar a xestión pública e directa do sistema de ambulancias porque resulta “máis eficiente e con maior calidade de servizo”

“A xestión das ambulancias en Galicia ten mala pinta, case tanto como o xurado do Benidorm Fest, que quería deixar fora ás Tanxugueiras, cheira parecido”. Así resumiu hoxe o portavoz de Sanidade do Grupo Socialista a xestión “desastrosa” do transporte sanitario urxente por parte do goberno galego, antes de reclamar un modelo de xestión pública directa, “máis eficiente e con maior calidade de servizo”.

Torrado comparou a xestión do goberno galego co sorprendente voto do xurado do certame de onte para escoller aos finalistas do Festival de Eurovisión, que pretendía deixar fóra ás representantes galegas, e que finalmente foi emendado polo voto do público. A xestión da Xunta de Galicia das ambulancias, dixo, está cada vez máis cuestionada, cun modelo concesional que deixa a xestión nas mans de empresas privadas e presenta “máis sombras que luces”.

Lamentou que o goberno galego queira replicar o modelo concesional de Madrid, en lugar de reverter o servizo ao público como sucede en Baleares, Estremadura, A Rioxa, Canarias ou Navarra. Explicou que o goberno galego “renuncia a utilizar un modelo de xestión máis eficiente, no que gastando o mesmo que agora faríamos moito máis”.

Resumiu que debido a este modelo máis ineficiente e custoso, “estamos pagando a prezo de ambulancias novas e perfectamente equipadas outras reutilizados doutros lugares”, que mesmo suscitaron unha sentencia xudicial en contra por exceso de peso nos vehículos, que incumprían os requisitos de seguridade”.

Julio Torrado sinalou que “non hai maneira de argumentar que reverter o servizo ao sistema público non sexa perfectamente válido, como mínimo é unha opción política”, e preguntou “quen hai nas empresas concesionarias” para que a Xunta “prefira que sexan as concesionarias” as que xestionen as ambulancias.

Diante da resposta do Sergas, afirmando que “nada di que un modelo sexa mellor que o outro”, argumentou que “se non atopan diferenzas, os socialistas galegos cremos que xa é argumento suficiente para reverter o modelo concesional e recuperar a xestión pública”.

Problemas por falla de vehículos

Sinalou que “é difícil non atopar unha comarca que non teña unha queixa fundamentada da necesidade de incrementar a dotación de vehículos”, e citou os problemas pola falla de vehículos sanitarios en Baixo Miño, A Mariña ou Ortegal, e mesmo zonas céntricas coma O Deza ou Terra de Montes. Ao mesmo tempo, as empresas son “demoledoras” coas condicións laborais dos traballadores e a Xunta négase a mediar por moito que a calidade do servizo se resinta.

Responsabilizou ao goberno galego de amparar unha situación de oligopolio das empresas, que “aproveitan que teñen a tixola polo mango”, e o goberno galego permanece impasible mentres o xulgado sácalle as cores. Lembrou as denuncias pola concesión do servizo por 121 millóns a unha empresa que tiña as ambulancias rotuladas e preparadas antes de que se coñeceran publicamente os pliegos de condicións.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13