Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Noa Díaz denuncia a “ineficacia” das axudas á corresponsabilidade como medida de discriminación positiva en Galicia

A deputada do PSdeG Noa Díaz reclámalle ao goberno galego que bonifique tamén as reducións de xornada para as mulleres seguindo o modelo que se aplica en Euskadi ou Baleares

A deputada socialista Noa Díaz reclámalle á Xunta de Galicia que reformule as axudas á conciliación para evitar que sigan a ser discriminatorias para as mulleres ante uns datos que demostran a súa “ineficacia”.

Así o trasladou hoxe na Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego celebrada hoxe no Parlamento de Galicia, na que tamén lle solicitou ao goberno galego que valore novas liñas de axuda ou un novo modelo semellante ao que se aplica en Euskadi ou en Baleares. Nestes dous casos, “bonifícanse as reducións de xornada dos homes e, por suposto, tamén das mulleres”.

Na súa intervención, Noa Díaz lamentou que as axudas que a Xunta convoca dende hai máis dunha década “non están a acadar o seu obxectivo de favorecer a implicación dos homes pais nas tarefas dos coidados”. Así, a deputada socialista sinalou que o feito de que “pouco máis dun cento de homes en toda Galicia perciban unha bonificación por decidir reducir a súa xornada de traballo para coidar dos seus fillos e fillas parécenos a priori unha medida cativa que non soluciona o problema da pouca corresponsabilidade que se dá no noso país”.

Apuntou ademais que a situación é máis grave tendo en conta que, segundo os últimos datos do IGE, “fronte ás 8.900 mulleres que deixaron de traballar para o coidado dos fillos e fillas, só 700 homes fixeron o mesmo”. “Que pasa”, preguntou, “con todas esas mulleres que reducen a súa xornada laboral para o coidado dos fillos sen percibir ningún tipo de bonificación?”

Noa Díaz alertou, ademais, de que este problema que se agudizou neste ano e medio de pandemia, “cando foron as mulleres as que pediron excedencias, reduciron as súas xornadas ou mesmo deixaron o seu traballo para dedicarse aos coidados”. Así, “a realidade é que as mulleres seguimos reducindo moi maioritariamente a nosa xornada a costa do noso poder adquisitivo e, mentres, vemos como os homes ven ese mesmo esforzo recompensado”.

Por iso, tras insistir en que “entendemos e compartimos o propósito inicial como unha medida de discriminación positiva”, a parlamentaria socialista volveu demandarlle ao goberno galego que avalíe o seu grao de eficacia. “E de comprobarse que non o son, como así parece”, engadiu, “haberá que reflexionar e ver que outras accións poden implementarse para conseguir o obxectivo previsto”.

Neste contexto, a parlamentaria do PSdeG denunciou que ausencia de medidas e axudas específicas para a conciliación das mulleres, un eido no que “non vemos por parte da Xunta ningún esforzo concreto”. Deste xeito, lamentou que o goberno galego non actualizase o plan de corresponsabilidade ante nova situación ou que non haxa campañas de sensibilización sobre esta cuestión que poña o foco non en nós senón neles”.

Todo isto, concluiu, nun escenario no que “as mulleres soportan peores condicións de traballo, máis temporalidade e máis contratación a tempo parcial”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57